Patrick Joseph Garrity, nado o 23 de agosto de 1976 en Las Vegas, Nevada, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
Garrity foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Milwaukee Bucks. Os Bucks traspasaron os seus dereitos xunto os de Dirk Nowitzki ós Dallas Mavericks, a cambio dos dereitos de Robert Traylor.[1] Despois foi traspasado de novo xunto a Martin Müürsepp, Bubba Wells e unha elección da primeira rolda do Draft ós Phoenix Suns, a cambio de Steve Nash.[2] Na súa tempada de rookie en Phoenix, acadou 5.6 puntos en 39 partidos xogados.
Tras a súa primeira tempada na liga, foi traspasado xunto a Danny Manning e dúas futuras eleccións do Draft ós Orlando Magic, a cambio de Penny Hardaway. Xogou durante nove tempadas en Orlando antes de anunciar a súa retirada o 11 de setembro de 2008.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|