María del Pilar Sánchez Luque,[1][2] nada en Coria del Río (Sevilla) o 28 de setembro de 1978 e coñecida artisticamente como Pastora Soler, é unha cantante española, famosa por combinar copla, flamenco e canción española con sons pop.
Traxectoria
Pastora é unha artista precoz que empezou cantando coplas e cancións flamencas cando tan só tiña oito anos. En 1994 editou o seu primeiro traballo Nuestras coplas, un disco onde fixo as súas versións de grandes clásicos da canción española. O seu primeiro grande éxito non chegou ata o seu terceiro álbum Fuente de luna, cuxo primeiro single, Dámelo ya, logrou alzarse co número 1 na lista de vendas españolas.
En 2001 lanza ao mercado Corazón congelado, co que logrou consolidar o éxito alcanzado no seu anterior traballo. A canción que dá nome a este álbum é elixida entón como sintonía da Volta Ciclista a España de 2001. Tras moverse en sons máis dance no seu seguinte disco, Deseo, da man de Carlos Jean, Pastora cambia de discográfica e firma por Warner Música España. Con ela publicará os seus últimos traballos: Pastora Soler, Toda mi verdad e Bendita locura. En 2010, a cantante sevillana celebrou as súas 15 anos no mundo da música co lanzamento do seu primeiro traballo en directo, 15 años. Ao ano seguinte publicou o seu noveno álbum de estudio, Una mujer como yo.
Con noves discos de estudo no mercado, Pastora conseguiu 3 discos de platino e 4 discos de ouro. Ao longo da súa carreira, tamén recolleu importantes premios dentro do seu gremio como o Premio da Música ou o Micrófono de ouro. Entre as súas colaboracións atópanse artistas consolidados como Alejandro Sanz, Armando Manzanero, Malú, David Bustamante ou Miguel Poveda, entre outros moitos.[3]
En decembro de 2011 foi designada por Televisión Española para representar a España no Festival de Eurovisión 2012, que se celebrou en Bakú, a capital de Azerbaidján.[4] A sevillana acabou en décima posición coa súa canción Quédate conmigo.[5]
En 2013 forma parte do xurado da segunda edición do programa musical El número uno de Antena 3.[6]
Discografía
- Álbums de estudio
- Álbums recompilatorios
- Álbums en DVD ou directo
- Outros
- 1988: Gracias, madre
- 1994: Nuestras coplas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas