Pasión prohibida é un flme galego de 1980 dirixido por Amando de Ossorio.
Argumento
Teresa (Susana Estrada), unha estrela de variedades, abandona o local no que traballa para volver á súa localidade natal en Galicia e asistir ao funeral de seu pai. Alí está seu irmán Miguel (Emilio Álvarez), quen agora herda o negocio familiar e por quen Teresa comeza a sentir unha forte atracción. A pesar de que Miguel ten moza e plans para casaren, non se pode resistir ao xogo de sedución de súa irmá. Por outra banda, Leonor (Lynn Endersson), a dona do local onde traballaba Teresa, non soporta a ausencia da súa bailarina estrela e antiga amante, e intenta por todos os xeitos recuperala.
Elenco
Produción
Foi a penúltima película de Amando de Ossorio e a única incursión deste no chamado "cine S". A rodaxe realizouse en Camariñas[1] e inclúe escenas da tradicional procesión marítima da Virxe do Carme.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas