O Pasaporte do Turkmenistán é usado polos cidadáns do Turkmenistán para viaxar internacionalmente. Dende xullo de 2008, foron introducidos os pasaportes biométricos, facendo a Turkmenistán o primeiro país ex-soviético de Asia en ter este tipo de pasaportes. É emitido polo Servizo de Migración do Estado de Turkmenistán.
Deseño
O pasaporte é de cor verde escura, coas inscricións «Turkmenistan» (en turcomán: Türkmenistan) e «Passport» (en turcomán: Pasport) en turcomán e inglés. No centro, en cor dourada o Emblema de Turkmenistán. O pasaporte está en turcomán e inglés.