Texto latino
|
Tradución
|
Destinatario
|
Rexión
|
Comentarios
|
Civitas[a] Archadiopoli. Missini. Bulgarofigo. (Pertinentia[b] Archadiopoli). |
As cidades de Arcadiopole, Mesene, Bulgarophygon, forman parte da episkepsis de Arcadiopolis |
Venecia |
Tracia Oriental |
As mesmas áreas menciónanse na crisobula de 1198 como parte dunha episkepsis de Messene, Arcadiopolis, e Bulgarophygon.
|
Pertinentia Putis/Pucis et Nicodimi |
A episkepsis de Putza e "Nicodimi" |
Venecia |
Tracia Oriental |
"Nicodimi" segue sen ser identificada; Carile suxeriu identificala coa vila e diocese de Nike.
|
Civitas Heraclee/Yraclee. |
A cidade de Heraclea Perinthus |
Venecia |
Tracia Oriental |
|
Pertinentia Chalkidos, cum civitate Rodosto et Panido, cum omnibus, que sub ipsis. |
A episkepsis de Calcis coas cidades de Raidestos e Panidos con todas as súas dependencias |
Venecia |
Tracia Oriental |
|
Civitas Adrianopoli cum omnibus, que sub ipsa. |
A cidade de Adrianópole coas súas dependencias |
Venecia |
Tracia Oriental |
|
Pertinentia Gani. |
A episkepsis de Ganos |
Venecia |
Tracia Oriental |
|
Casale[c] Chortocop[l]i. Casalia Chotriki, Kerasea, Miriofitum. |
Os asentamentos de Chortokopeion, Chortriki, Kerasia, e Myriophyton |
Venecia |
Tracia Oriental |
Chortokopeion (Χορτοκόπειον) é coñecido por un documento monástico de mediados do século XI, pero descoñécese a súa localización exacta. Chotriki (Χοτρικί) non testemuñada en ningunha outra parte, podería identificarse con Chora.
|
Pertinentia Peristasi. |
A episkepsis de Peristasis |
Venecia |
Tracia Oriental |
|
Pertinentia Brachioli. |
A episkepsis de Branchialion |
Venecia |
Tracia Oriental |
Localización incerta, pero próxima á moderna İnceburun. Testemuñada na crisobula de 1198, un portolano catalán de aproximadamente 1200, e en fontes bizantinas posteriores.
|
Casalia de Raulatis et Examilii. Emporium Sagudai. |
O asentamento de Raulaton, Hexamilion, e Sagudaus |
Venecia |
Quersoneso Tracio |
Localización de Raulaton (χωρίον τῶν Ῥαουλάτων) incerta, probabelmente preto de Hexamilion na base do Quersoneso Tracio (península de Gallipoli). Probabelmente o seu nome se refire á familia Raúl. A localización do asentamento (emporion) de Sagudaus (Σαγουδάους) ou Sagude (Σαγούδη) como un porto e almacén en 1152. A súa localización non está clara, pero debeu ter sido na parte norte da península de Galípoli.
|
Pertinentia Gallipoli |
A episkepsis de Kallipolis |
Venecia |
Quersoneso Tracio |
|
Lazu et Lactu |
Lazu e Laktu |
Venecia |
Tracia Oriental |
Nin Lazu (Λάζου) nin Laktu (Λάκτου) aparecen testemuñadas en ningún outro lugar; segundo a súa posición no texto deben ter estado nas proximidades de of Kallipolis.
|
Pertinentia de Muntimanis et Sigopotamo, cum omnibus, que sub ipsis. |
A episkepsis de Muntimanoi e o río Sigos coas súas dependencias |
Venecia |
Quersoneso Tracio |
A ἐπίσκεψις τῶν Μουντιμάνων non aparece testemuñada noutro lugar, pero probabelmente estaban situados no sur do Quersoneso Tracio. O río Sigos pode ser probabelmente identificado co moderno Kavakaltı Dere ou, menos probabelmente, co Çeşme Dere, no sur da península de Gallipoli.
|
Provintia Lakedemonie, micra et megali episkepsis, i.e. parva et magna providentia. Kalabrita. |
A provincia de Lacedaemonia e as episkepseis maiores e menores, e a vila de Kalavryta |
Venecia |
Peloponeso |
A provincia de Lacedemonia só se coñece de aquí, pero é evidentemente equivalente á rexión de Laconia.
|
Ostrovos. |
A vila de Ostrovos |
Venecia |
Macedonia Occidental |
O máis seguro a cidade homónima en Macedonia, pero tamén posibelmente un lugar descoñecido do mesmo nome no Peloponeso.
|
Oreos. Caristos. |
As vilas de Oreos e Caristo |
Venecia |
Eubea |
Caristo xa aparece mencionada na crisóbula de 1198, pero Oreos, fóra de ser unha sé episcopal, era indestibguibel naquel momento.
|
Andrus. |
A illa de Andros |
Venecia |
Cícladas |
|
Egina et Culuris. |
As illas de Exina e Salamina |
Venecia |
Golfo Sarónico |
As illas de Exina e Salamina estaban moi empobrecidas e eran refuxio de piratas.
|
Zachintos et Kefalinia |
As illas de Zakynthos e Cefalonia. |
Venecia |
Illas Xónicas |
Cefalonia e Zakynthos xa foran capturadas durante a última invasión normanda en 1185, e formaron desde aquela un condado palatino, inicialmente baixo Margarito de Brindisi, e que foi gobernado en 1204 por Matteo Orsini. Porén, o goberno de Orsini non está baseado en evidencia documental, senón en conxecturas de Karl Hopf, e A. Kiesewetter propón que Maio di Monopoli (alias Matthew Orsini) pode ter tomado o control das illas en 1206 dos bizantinos, que as recuperaran despois do falecemento de Margarito en 1294[47].
|
Provintia Colonie Conchilari. Canisia |
A provincia de Koloneia, Chlerenon, e Kanina |
Venecia |
Epiro |
Tafel e Thomas propuxeron unha serie de emendas e identificacións para "Colonie cum Cycladibus. Nisia.", con "Colonie" como unha posíbel referencia ao Templo de Poseidón no Sunion (a partir do cal o Cabo Sounion era coñecido como Capo Colonne), "Cycladibus" unha referencia ás Cícladas, e "Nisia" identificado como a illa de Naxos. Isto foi rexeitado por Th. Menke e Jean Longnon, quen emendaron o texto para ler "Provintia Colonie cum Chilari, Canisia.", i.e. Koloneia no Epiro, Kjari, e Konitsa, mentres que Dionysios Zakythinos propuña identificar "Chilari" con Chlerenon, e "Canisia" con Kanina.
|
Pertinentia Lopadi |
A episkepsis de "Lopadi" |
Venecia |
Illas do Exeo ou Asia Menor (?) |
Tafel e Thomas propuxeron identificar Lopadi coa illa de Levitha, pero segundo Zakythinos é igualmente posíbel que se refira a Lopadion en Misia, que está testemuñada como unha episkepsis na crisobula de 1198, posto que algunhas partes do texto foron desprazadas de modo que xa non corresponden á súa distribución por proximidade xeográfica orixinal. Porén Carile atopa a identificación con Lopadion menos probábel.
|
Orium Patron et Methonis, cum omnibus suis, scilicet pertinentiis de Brana. Pertinentia de Cantacuzino, et cum villis Kyreherinis, filie Imperatoris Kyrialexii, cum villis de Molineti, de Pantocratora, et de ceteris monasteriorum, sive quibusdam villis, que sunt in ipsis, scilicet de micra et megali episkepsi, i.e. parva et magna pertinentia. |
O chorion[d] de Patras e Methone coas súas dependencias, especificamente as facendas de Branas e Kantakuzenos, as facendas de kyra Irene, filla do Emperador kyr Aleixo III, e as facendas de "Molineti", de "Pantokrator" e outros mosteiros. |
Venecia |
Peloponeso |
O chorion de Patras e Methone probabelmente ocupaban a totalidade da metade occidental do Peloponeso. O nome "Molineti" está asociado evidentemente con muíños de vento; a este correspóndense dúas localizacións medievais, ámbalas dúas na moderna Pylia. Descoñécese a identidade ou a localización de "Pantokrator".
|
Nicopolla, cum pertinentia de Arta, de Achello, de Anatolico, de Lesianis, et de ceteris archondorum et monasteriorum. |
Nicopolis coas episkepseis de Arta e Achelous, de Anatoliko, Lesiana, "e de outros arcontes e mosteiros" |
Venecia |
Epiro |
Os "outros arcontes" son probablemente os mencionados na crisobula de 1198, concretamente membros da familia imperial: os "máis afortunados" sebastokratores e Césares, as fillas do Emperador e a Augusta (Eufrosine Dukaina Kamatera, muller de Aleixo III).
|
Provintia Dirachii et Arbani, cum chartolaratis de Glavinitza, de Bagenetia. |
A provincia de Dyrrhachium e Arbanon, coas chartularata[e] de Glavinitsa e Vagenetia. |
Venecia |
Epiro |
|
Provintia de Gianina. Provintia Drinopoli. |
As provincias de Ioannina e Dryinopolis |
Venecia |
Epiro |
|
Provintia Achridi. |
A provincia de Ohrid |
Venecia |
Macedonia Occidental |
|
Leukas et Coripho. |
As illas de Lefkada e Corfú |
Venecia |
Illas Xónicas |
|
A Porta aurea et Blachernali et occidentali Steno usque ad Midiam et Agathopoli. Similiter et ab ipsa civitate Vizoi usque ad Zurlo et Theodoropoli |
Desde a Porta Dourada e Blachernae e a costa occidental do Bosporus, ata Mideia e Agathopolis na costa do Mar Negro. Igualmente desde Bizye a Tzurulon e Theodoropolis no Mar de Mármara |
Emperador |
Tracia Oriental |
Os puntos mencionados ao principio definen a circunferencia de Constantinopla, desde a porta cerimonial principal na parte suroeste das murallas terrestres ao barrio noroeste de Blachernae na costa do Corno de Ouro, e os "estreitos" (Stenon) do Bósforo.
|
Provintia Optimati. |
A provincia de Optimatoi. |
Emperador |
Asia Menor |
O antigo thema dos Optimatoi, que inclúe as partes de Asia Menor máis próximas a Constantinopla, disgregárase nalgún momento do século XII, cun número de pequenos distritos ocupando a súa parte setentrional (Thynia).
|
Provintia Nicomidie. |
A provincia de Nicomedia. |
Emperador |
Asia Menor |
Nicomedia era a antiga capital do thema dos Optimatoi. En 1198 xa aparece como unha provincia separada, probabelmente ocupando a porción meridional do antigo thema.
|
Provintia Tharsie, Plusiade, et Metavolis cum Servochoriis, et cum omnibus, que sub ipsis. |
A provincia de Tarsia, Plousias, e Metabole, con Servochoria e todas as súas dependencias. |
Emperador |
Asia Menor |
|
Provintia Paflagonie et Vucellarii. |
A provincia de Paflagonia e o thema de Bucellario. |
Emperador |
Asia Menor |
|
Provintia Oenoei et Sinopii et Pabrei. |
Oenoe e Sinope e Pavrae |
Emperador |
Asia Menor |
|
Mitilini. |
A illa de Lesbos |
Emperador |
Illas do Exeo |
|
Limni cum Skiro, et que sunt infra Avidum insule, scilicet Priconiso et cetera, cum Strovilo. |
As illas de Lemnos e Skyros, e as illas deste lado de Abydos (i.e., no Mar de Mármara), especialmente Proconeso e os outros, con Strobilos |
Emperador |
Illas do Exeo e Mar de Mármara |
|
Samos et Tinos cum Samandrakio. |
As illas de Samos e Tinos con Samotracia. |
Emperador |
Illas do Exeo |
|
Provintia de Pilon, de Pithion, de Keramon. |
A provincia de Pylae, Pythia, e Kerama |
Emperador |
Asia Menor |
Na crisobula de 1198, menciónase unha episkepsis de Pylae e Pythia, anteriormente parte dothema dos Optimatoi.
|
Provintia Malagini. |
A provincia de Malagina |
Emperador |
Asia Menor |
|
Provintia Achirai. |
A provincia de Achyraous |
Emperador |
Asia Menor |
|
Provintia Adramitii, de Chilariis et de Pergamis. |
A provincia de Adramyttium, Chliara, e Pérgamo |
Emperador |
Asia Menor |
Segundo Nicetas Coniates, o thema de Neokastra orixinariamente ocupaba as cidades de Adramyttium, Chliara, e Pérgamo, logo foron refortificadas por Manuel I Comneno. Con todo, estas cidades menciónanse separadamente da provincia tanto na crisobula de 1198 como na Partitio.[80] Helene Ahrweiler interpretou a evidencia para suxerir que Neokastra realmente ocupaba orixinalmente as tres cidades, pero que en 1198 Adramyttion pode haber formado un distrito separado, e que a separación entre as cidades e a provincia que aparece na Partitio foi o resultado dun erro de copista.[81]
|
Provintia Neocastron. |
A provincia de Neokastra |
Emperador |
Asia Menor
|
Provintia Milasi et Melanudi. |
A provincia de Mylasa e Melanoudion |
Emperador |
Asia Menor |
|
Provintia Laodikie et Meandri, cum pertinentia Sampson et Samakii, cum Contostephanatis, cum Camizatis et ceteris atque Chio. |
A provincia de Laodicea e o Meandro, co distrito de Sampson e Samakion, coas facendas de Kontostephanos eKamytzes e outros lugares, e Quíos. |
Emperador |
Asia Menor e Illas do Exeo |
Algúns estudosos, entre eles Carile, emendan "Samakii" a "ta Malachii", identificándoo coa aldea bizantina de Malachiu (posibelmente a moderna Atburgazı) preto de Micale, pero como apunta Peter Thonemann, a localidade de Samakion aparece mencionada na Vida de San Lázaro de Galesion.
|
Provintia micra et megali Brissi. |
A provincia de Pequena e Gran Brisis |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Pertinentia Gehenna. |
A episkepsis de Gehenna |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Civitas Panfili, cum omnibus, que sub ipsa. |
A cidade de Pamphylos con todas as súas dependencias |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Pertinentia Culi. |
A episkepsis de Kule |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Civitas Apri, cum omnibus, que sub ipsa. |
A cidade de Apros con todas as súas dependencias |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Didimochium, cum omnibus, que sub ipsa. |
A cidade de Didymoteichon con todas as súas dependencias |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Pertinentia de Kipsali/Cypsellam. |
A episkepsis de Kypsela |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Pertinentia de Garelli. |
A episkepsis de Garella |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Pertinentia de Lebuecho/Lebucto. |
A episkepsis de Kedouktos |
cruzados |
Tracia Oriental |
Tafel e Thomas propuxeron emendalo a "Ceducto", i.e., a chaira de Kedouktos.
|
Pertinentia de Bira. |
A episkepsis de Bera |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Pertinentia Macri et Traianopoli, cum casali de Brachon. |
A episkepsis de Makri e Trajanopolis, co asentamento de Brachon |
cruzados |
Tracia Oriental |
Brachon só se coñece por este texto; se é un erro por "Blachon", podería referirse ao Mosteiro do Salvador "de Blachon" preto de Ainos).
|
Pertinentia Scifis et Pagadi, cum omnibus, que sub ipsa. |
A episkepsis de "Scifis" e "Pagadi" coas súas dependencias. |
cruzados |
Tracia Oriental |
A identificación de Scifis e Pagadi (probabelmente de πηγάδι, "fonte") é algo en disputa, aínda que algúns identifican con Scifis con Tzympe, o que podería situar Pagadi entre Tzympe e Madytos, mentres que outros suxiren situar ambos na beira oriental na parte baixa do río Maritsa preto de Ainos.
|
Pertinentia Maditi, cum omnibus, que sub ipsa. |
A episkepsis de Madytos coas súas dependencias. |
cruzados |
Quersoneso Tracio |
|
Icalotichas, cum omnibus, que sub ipsa, i.e. Anafartus, Tinsaccos, Iplagia, Potamia et Aacros/Aatios, cum omnibus, que sub ipsa. |
Koila Teichos coas súas dependencias: Anaphartos, Tinsakkos, Plagia, Potamia, e Aatios ou Aacros |
cruzados |
Quersoneso Tracio |
Koila Teichos pódese identificar probabelmente coa Muralla Longa situada na base do Quersoneso Tracio en Agora. Zakythinos propuxo unha identificación coa Muralla de Anastasio, pero non é acaído para a xeografía. A identidade exacta ou situación de Tinsakkos, Potamia, e Aacros/Aatios son descoñecidas, pero están no Quersoneso, como os demais lugares.
|
Pertinentia de Phitoto/Plit[h]oto. |
A episkepsis de "P[l]ithoto". |
cruzados |
Tracia Oriental |
Descoñécese a localización exacta, posibelmente idéntica a Polyboton preto da moderna Keşan.
|
Pertinentia de Galanatom. |
A episkepsis de Galataria. |
cruzados |
Quersoneso Tracio? |
Descoñécese a localización exacta, posibelmente unha diocese e cidade preto de Kallipolis.
|
Molinoto/Moliboton. |
A vila de Molinoto/Moliboton. |
cruzados |
Quersoneso Tracio? |
Descoñécese a localización exacta, probabelmente no Quersoneso Tracio; as primeiras suxestións identificábano con Polyboton ou o pequeno mosteiro de San Nicolao preto da Porta Dourada, pero non cadra co contexto.
|
Pertinentia de Jalocastelli/Hyalo Castelli. |
A episkepsis de Hyelokastellion. |
cruzados |
Quersoneso Tracio? |
O nome Ὑελοκαστέλλιον significa "castelo de cristal". Descoñécese a súa localización exacta, pero está testemuñada como un lugar costeiro durante a revolta de Andrónikos Lapardas en 1183. Posibelmente no Quersoneso Tracio.
|
Pertinentia Sirolefki/Sitoleuchi. |
A episkepsis de "Sirolefki". |
cruzados |
Tracia Oriental |
Tafel e Thomas suxeriron unha identificación con Silta preto de Selimbria, pero isto non cadra co contexto xeográfico, que suxire unha proximidade a Ainos.
|
Catepanikium de Eno, cum apothikis. |
O katepanikion de Ainos, xuntamente cos almacéns. |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Catepanikium de Russa, cum omnibus, que sub ipsa. |
O katepanikion de Rusion, coas súas dependencias. |
cruzados |
Tracia Oriental |
|
Pertinentia de Agiovivario. |
A episkepsis de Hagios Bibarios. |
cruzados |
Tracia Oriental |
O nome probabelmente deriva de agrion bibarion, "viveiro salvaxe", indicando unha situación en ou preto da moderno Parque Nacional do Lago Gala.
|
Provintia Vardarii. |
A provincia do río Vardar. |
cruzados |
Macedonia Occidental |
Esta provincia non está testemuñada. Segundo Zakythinos, parece estar relacionada cos vardariotas, un grupo túquico, maioritariamente maxiares, asentados na zona en séculos anteriores.
|
Provintia Verye, cum cartularatis tam Dobrochubisti, quam et Sthlanitza. |
A provincia de Veroia cos chartularata de Dobrochoubista e Sthlanitsa. |
cruzados |
Macedonia Occidental |
Tafel e Thomas suxeriron emendar Dobrochubista a Drogubitia, e seguíronnos outros estudosos, pero o distrito aparece testemuñado noutras fontes, incluíndo a crisobula de 1198. Sthlanitsa aparece igualmente testemuñada por Ana Comnena e Teofilacto de Ohrid.
|
Pertinentia Girocomion. |
A episkepsis asignada ao mantemento de coidados dos anciáns. |
cruzados |
Macedonia Occidental |
|
Pertinentia Platamonos. |
A episkepsis de Platamon |
cruzados |
Macedonia Occidental/Tesalia |
|
Pertinentia Moliscu et Moglenon. |
A episkepsis de Moliskos e Moglena |
cruzados |
Macedonia Occidental |
|
Pertinentia Prilapi et Pelagonie cum Stano. |
A provincia de Prilapos e Pelagonia con Stanos |
cruzados |
Macedonia Occidental |
Stanos como topónimo está ben testemuñado e menciónase frecuentemente xunto con Pelagonia, Prilapos, Soskos e Moliskos.
|
Presepe et Dodecanisos. |
A provincia de Prespes e as Cícladas |
cruzados |
Macedonia Occidental e Illas do Exeo |
O termo "Dodekanesos" ("Doce Illas") aparece por primeira vez en fontes bizantinas no século VIII como un dominio naval que ocupaba o sur do mar Exeo. O termo permaneceu en uso durante a Idade Media para as Cícladas, e só nos séculos XIX/XX se transferiu ao moderno Dodecaneso. O seu lugar no texto é infrecuente, ao ficar entre áreas da Grecia continental; se cadra é resultado dun erro do escribán ou, segundo Jean Longnon, un resultado dun intercambio, por medio do cal Ostrovos, reclamado orixinariamente polos cruzados, e as Cícladas, reclamadas por Venecia, se intercambiaron (agás Andros e Tinos), explicando así a situación inesperada de ámbalas dúas entradas no texto do tratado.
|
Orion Larisse. |
O chorion de Larissa. |
cruzados |
Tesalia |
|
Provintia Blachie cum personalibus et monasterialibus in eis existentibus. |
A provincia de Vlachia coas propiedades particulares e monásticas que hai nela. |
cruzados |
Tesalia |
|
Provintia Servion. |
A provincia de Servia. |
cruzados |
Macedonia Occidental |
|
Provintia Castorie et provintia Deavoleos. |
A provincia de Kastoria e a provincia de Deabolis. |
cruzados |
Macedonia Occidental |
|
Pertinentia Imperatricis, scilicet Vesna, Fersala, Domocos, Revenica, duo Almiri, cum Demetriadi. |
A episkepsis da Emperatriz, especialmente Vesaina, Pharsala, Domokos, Grebenika ou Rebenika, os dous Halmyroi, con Demetrias |
cruzados |
Tesalia |
A emperatriz é probabelmente Eufrosine Dukaina Camatera, esposa de Aleixo III. Grebenika ou Rebenika é probabelmente un lugar en ou preto do río Rebenikos, que nace nos Montes Cinoscéfalos na Tesalia setentrional.)
|
Pertinentia Neopatron. |
A episkepsis de Neopatras |
cruzados |
Tesalia |
Non mencionada anteriormente como unidade administrativa.
|
Provintia Velechative/Velicati. |
A provincia de Velechativa. |
cruzados |
Tesalia |
Mencionada na crisobula de 1198, identificada tentativamente coa área do sitio de Belegezites preto de Demetrias e Tebas Ftiótica. Zakythinos propón unha identificación adicional co topónimo "Levachata", testmuñado en 1289 preto de Halmyros.
|
Pertinentia Petritoniclis/Petrion Vietts/videlicet. Dipotamon. Cala[n]con/Talantum. |
A episkepsis de Petrai, especialmente Dipotamon e Atalanti? |
cruzados |
Tesalia |
Tafel e Thomas emendan o inicio para leren "Petrion. Kelliae.", identificando o primeiro co Mosteiro de Nea Petra e o segundo coa zona do Monte Ossa mencionado por Ana Comnena. Zakythinos rexeita esta lectura en favor do videlicet ("especialmente") do manuscrito Ambrosianus I. A localización de Petrai (plural) é descoñecida. "Dipotamon" (Διπόταμον, "Dous Ríos") pode estar situado entre os ríos Pineios e Rabenikos no norte de Tesalia, e se cadra debe ser identificado coa kleisura de Libotanion, coñecida desde a época de Aleixo I Comneno. Tafel e Thomas identifican Calacon como o xenitivo de Galaza, un sufragáneo da Metrópole de Neopatras, mentres que Zakythinos suxire ou a lectura Kalamos, ou, a partir da variante "Talantum" no Codex Sancti Marci, Atalanti.
|
Pazi/Pazima et Radovisidon, et orium Athenarum, cum pertinentia Megarum. |
Pazi/Pazima e Radobisdion, e o chorion de Atenas, coa episkepsis de Megara |
cruzados |
Tesalia e Ática |
A identidade e localización de Pazi/Pazima son descoñecidas. Tafel e Thomas suxiren a cidade e diocese de Stagoi en Tesalia, mentres que Carile suxeriu a diocese de Patzuna, só coñecida como unha sufragánea da Metrópole de Larisa.
|