Partit Nacionalista del País Valencià

Partit Nacionalista del País Valencià
Historia
Fundación1978 1
Disolución1982 2
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo valenciano, socialdemocracia
Posición políticaCentroesquerda
Centro
1 A partir de Unió Democràtica del País Valencià.
2 Fusión con Agrupament d'Esquerres del País Valencià para formar a coalición Unitat del Poble Valencià.

O Partit Nacionalista del País Valencià (PNPV) foi un partido político de España, de ideoloxía nacionalista valenciana, que se formou en 1978, cos sectores de Unió Democràtica del País Valencià que se negaron a integrarse en Unión de Centro Democrático.

Desde o punto de vista ideolóxico, o PNPV definíase no Congreso Constituínte do partido, celebrado en decembro de 1979, como «...nacionalista, progresista de esquerda, democrático e comunalista», ademais de interclasista. Francesc Burguera, ademais, declaraba que o partido apoiaba a senyera cuatribarrada ou senyera nua fronte á senyera blava e recoñecía a unidade lingüística con Cataluña, pero que estaba afastado de posturas revolucionarias ou independentistas.[1] Ademais, o PNPV era contrario ao blaverismo.

Encabezados por Francesc de Paula Burguera, o PNPV naceu co espírito de acoller todos os nacionalistas que non se integraron nas listas da UCD ou do PSOE, pero fracasou ao crearse o Agrupament d'Esquerres del País Valencià, formado polos sectores do Partit Socialista del País Valencià (PSPV) que non se uniron ao PSOE. A súa máxima representación institucional foi un escano no Congreso dos Deputados durante a II Lexislatura, ocupado polo seu secretario xeral.

Posteriormente, en 1982, o PNPV uniuse ao Agrupament d'Esquerres del País Valencià para formar a coalición Unitat del Poble Valencià.

Resultados electorais

Nas eleccións municipais de 1979 conseguiu 10.773 votos e 12 concelleiros en localidades de relativa importancia.[2] Nas eleccións xerais ao Congreso dos Deputados, o PNPV obtivo 13.828 votos (1,28 %) na circunscrición electoral de Valencia, na única onde presentou listas, e ningún escano.

En 1982 o PNPV coaligouse co Agrupament d'Esquerra del País Valencià (AEPV) para formar a coalición Unitat del Poble Valencià, que en 1984 converterase nun partido político.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Document 88 (en catalán). València: Edicions 3i4. 1988. ISBN 84-7502-227-8.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  • Què és el Partit Nacionalista del País Valencià? (en catalán). València: Edicions del País. 1981. ISBN 84-300-5105-8.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  • El sistema de partits polítics al país Valencià (assaig d’aproximació) (en catalán). Almudín. 1980. pp. 63–67.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)