O parrulo de touca[2] (Bucephala albeola) é un pequeno pato mariño do xénero Bucephala. A especie foi primeiramente descrita por Linné no seu Systema naturae en 1758 co nome Anas albeola.[3]
O nome do xénero significa 'cabeza de touro' (do gregobous e kephale), facendo referencia á súa cabeza bulbosa e porque a cabeza parece meirande cando o macho incha as plumas da cabeza. O nome específico albeola vén do latínalbus, 'branco'.[4][5]
Descrición
Esta especie mide entre 32 e 40 cm de longo e pesa de 270 a 550 g, e os machos son meirandes que as femias. Como media mide 35,5 cm e pesa 370 g, polo que rivaliza en pequeno tamaño co Anas carolinensis para ser o menor pato de América.
Os machos adultos son de corpos negros e brancos, con cabezas verdes iridiscentes e púrpuras e unha gran mancha branca detrás do ollo que cobre media cabeza. As femias son de tons grises cunha mancha branca máis pequena detrás do ollo e máis claras na parte ventral.[6]
Distribución e hábitat
Son aves migratorias e a maioría delas invernan en áreas costeiras protexidas ou en augas abertas do interior continental, nas costas do leste e oeste de América do Norte e do sur dos Estados Unidos. É unha ave que chega como ave errante o oeste de Europa e en Galicia foi rexistrada como ave accidental moi rara. O seu hábitat reprodutor son lagos e lagoas boscosas de Alasca e o Canadá, case enteiramente incluídas dentro da zona de bosque boreal e taiga.
Comportamento
Pénsase que o pequeno tamaño do parrulo de touca evolucionou para axustarse ás cavidades de nidificación que utiliza escavadas nas árbores polo seu hóspede "metabiótico", o petoColaptes auratus.[7] Debido ao seu pequeno tamaño, son moi activos, realizando mergullos case continuamente e mantense grazas ao seu elevado metabolismo. Non adoitan xuntarse formando grandes bandadas; os grupos son normalmente pouco numerosos. Un dos patos no grupo serve como sentinela, vixiando se hai predadores, mentres que os outros membros do grupo mergúllanse na procura de comida.[6] Están entre as especies de zonas húmidas que máis tarde abandonan os seus terreos de reprodución e son un dos migradores máis puntuais do mundo, xa que chegan aos terreos de inverno nun estreito período de tempo todos os anos.[8]
Reprodución
Son aves monógamas e as femias regresan aos mesmos sitios de reprodución ano tras ano. Nidifican en cavidades nas árbores, principalmente chopos ou álamos, utilizando principalmente vellos niños abandonados escavados polo peto Colaptes auratus, situados preto da auga (xeralmente < 25 m). Os seus competidores na nidación son o paxaro túrdidoSialia currucoides, o hirundínidoTachycineta bicolor e o estúrnidoSturnus vulgaris. Rexistrouse un caso no que unha femia de parrulo islandés matou unha femia adulta de parrulo de touca e as súas crías disputando un niño. As cavidades pequenas son as preferidas porque así teñen menos competencia con outros ollodourados meirandes. As femias poden ser matadas no niño por mamíferos, como denosiñas (Mustela spp.) ou visóns (Mustela vison), e por outros oodourados que compiten polo niño.
Estas aves mergulladoras aliméntanse baixo a auga. Prefiren augas con profundidades entre 1,2 e 4,5 m.[6] En hábitats de auga doce comen principalmente insectos e en augas salgadas aliméntanse predominantemente de crustáceos e moluscos. As plantas acuáticas e os ovos de peixes poden ser alimentos importantes localmente tamén.
Relacións cos humanos
Debido a que teñen unha fermosa plumaxe, son moi activos na natureza e viven próximos aos humanos nos predios próximos ás ribeiras, o parrulo de touca é unha ave moi popular entre os observadores de aves.[9] Esta especie foi incluída no escudo da cidade de Sidney, Columbia Británica, en 1995.[10] Son cazados e considerados unha ave de caza. A diferenza de moitos outros patos mariños cuxas poboacións declinaron nos últimos tempos, as poboacións de parrulo de touca permanecen relativamente estables.[7] A degradación do hábitat é a principal ameaza para estas aves, xa que dependen de hábitats costeiros moi limitados como terreos de invernada e de hábitats moi específicos nos seus terreos reprodutores boreais. Aínda que a especie pode utilizar para a nidificación caixas de nidación fabricadas polos seres humanos, tamén necesitan o hábitat forestal para prosperar.
↑Linnaeus, C (1758). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I(en Latin). Holmiae. (Laurentii Salvii). p. 124. A. alba, dorso remigibusque nigris, capite caerulescente, occipite albo.
↑ 7,07,17,2Gauthier, G. 1993. Bufflehead, Bucephala albeola. The Birds of North America. (67), 24 pages. Edited by A. Poole and F. Gill, The Academy of Natural Sciences of Philadelphia.
↑Finley, J.K. 2007. The punctual Bufflehead, Bucephala albeola: autumn arrivals in Shoal Harbour Sanctuary, Vancouver Island, in relation to freeze-up. Canadian Field-Naturalist 121:370-374.
↑ 9,09,1Erskine, A. J. 1972. Buffleheads. Canadian Wildlife Service Monograph Series #4. Information Canada, Ottawa. 240 pages