O Parque Natural das Hoces do Río Duratón, atópase en Castela e León, estendéndose pola provincia de Segovia. O parque é dun gran valor paisaxístico: o río Duratón escavou durante séculos un canón onde son numerosas as ermidas e os mosteiros.
Flora
As especies máis habituais son os xenebreiros, entre os cales están o xenebreiro común e a subespecie thurifera.
Fauna
Presenza de voitre branco e leonado. Outras especies salientables son a calandra de Dupont, a cotovía montesa e a pica campestre.
Véxase tamén
Ligazóns externas