O Parken Stadion (por razóns de patrocinio denominado Telia Parken) é un estadio de fútbol situado no distrito de Indre Østerbro na cidade de Copenhague, capital de Dinamarca. O recinto inaugurado en 1992 posúe unha capacidade para 42 305 persoas. Acolleu partidos da UEFA e FIFA.
O estadio foi reconstruído pola compañía Baltica Finans A/S garantindo á Unión Danesa de Fútbol, que todos os partidos nacionais serían xogados en Parken polo menos polos próximos 15 anos. Toda a reconstrución custou 640 millóns de coroas dinamarquesas.
En 1998, Baltica Finans vendeu o estadio ao club FC Copenhague por DKK 138 millóns, e o club agora é propietario do estadio e as instalacións adxacentes.
Parken foi incluído na lista de estadios 4 estrelas da UEFA no outono de 1993, permitindo que sexa seleccionado para albergar finais de CopaUEFA así como da desaparecida Recopa europea. Sendo un estadio de 4 estrelas, Parken aínda non pode organizar a final da liga de Campións da UEFA xa que esta require unha capacidade para 50 000 espectadores.
O 2 de xuño de 2007 no Parken Stadion un espectador atacou o árbitro durante o partido entre Dinamarca e Suecia nas eliminatorias da Eurocopa 2008, recibindo unha sanción e unha multa económica.