San Lucas de Parada da Serra é unha parroquia do concello ourensán da Gudiña na comarca de Viana. Segundo o IGE[2] en 2015 tiña 33 habitantes (21 homes e 12 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación[3].
Xunto a Parada, ao pé da cova das Choias, apareceu en 1921 o tesouro da Urdiñeira[4], datado no final da Idade de Bronce[5]. Está composto por un brazalete e unha pulseira de ouro, xunto cun botón de cobre. Foi atopado pola pegureira Xosefa Gago Fernández, e o cura de Parada vendeullo ao coleccionista Ricardo Blanco-Cicerón a través de Cándido Cid Rodríguez, procurador da diocese de Ourense. O botón ficou no Museo Arqueolóxico de Ourense, e as dúas pezas de ouro foron mercadas por Álvaro Gil Varela, e finalmente polo Museo Provincial de Lugo.
As pezas de ouro foron feitas coa técnica da cera perdida, e están adornadas con figuras xeométricas[6]. O botón, segundo López Cuevillas podería interpretarse como disco solar.[7]
↑Romero Cerdeiriña, Á. (25 de xullo de 1926). "Notas pra un estudo da Urdiñeira". Nós (31). pp. 36–41.
↑Macías, M. (1921). "Importante hallazgo arqueológico". Boletín da Comisión de Monumentos Históricos e Artísticos de OurenseIV (140): 335–336.
↑Balseiro García, A. (2003-2004). "A ourivería na Idade do Bronce". Boletín do Museo Provincial de Lugo1 (11): 33–51. ISSN0212-8438.
↑Comendador Rey, B. (Febreiro 2009). "Botón da Urdiñeira"(PDF). Peza do mes (Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 23 de xaneiro de 2022.