A papuxa cincenta (Sylvia curruca) é unha ave da familia das Sylviidae
Morfoloxía e hábitos
A Papuxa cincenta ten unha lonxitude duns 13,5 cm e pesa uns 12 gramos. É unha ave pequena, co lombo e a cabeza cor parda avermellada, sendo nas ás a cor máis intensa. O resto do corpo é branco agrisado. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en claros de bosques con presenza de matogueiras, xardíns e parques. Aliméntase de insectos e bagas
Reprodución
A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 4 ou 6 ovos. O tempo de incubación é de 12 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño. Niño construído en matogueiras de baixa altura.
Distribución
Común en toda Europa Central e Oriental. Ocasional ou rara na Península Ibérica, Italia e sur de Francia.
C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)