Ten unha lonxitude de 12–13,5 cm. O macho reprodutor é principalmente negro pola parte dorsal e branco pola ventral, cun colar branco, unha mancha branca grande nas ás, cola negra (aínda que algúns machos teñen as partes laterais da cola brancas) e unha gran mancha branca na fronte. Ten un sobrecú claro. O bico é negro e ten a forma ancha pero bicuda típica dos insectívoros aéreos. Ademais de capturar insectos en voo, esta especie caza eirugas entre a follaxe dos carballos e come bagas.
Os machos non reprodutores, as femias e os individuos novos teñen cor marrón clara no sitio do negro, e pode ser difícil de distinguir doutros papamoscas Ficedula, especialmente do papamoscas negro (F. hypoleuca) e do papamoscas de medio colar[4] (F. semitorquata), especies coas cales pode hibridar de forma limitada.[5]F. albicollisvis-a-visF. hypoleuca están especiándose un do outro polo efecto Wallace (reforzo ou reinforcement), como se evidencia polas diferenzas entre a coloración en simpatría fronte á alopatría.[6]
Son paxaros de bosques caducos, parques e xardíns, con preferencia polas árbores vellas con ocos nos cales poden facer o niño. Constrúen un niño aberto nun oco dunha árbore ou en caixas de nidación feitas polo home. Normalmente poñen de 5 a 7 ovos. A canción son asubíos lentos inconexos, bastante distintos do papamoscas negro. Os papamoscas negros poden imitar a canción do papamoscas de colar en poboaciónssimpátricas.[7]
O nome do xénero vén do latín e fai referencia a unha pequena ave comedora de figos (ficus, 'figo') que se supoñía que se transformaba na papuxa das amoras en inverno. O epíteto específico albicollis vén do latín albus, 'branco', e collum, "colo".[8]
O papamoscas de colar utilízase como especie modelo en ecoloxía e xenética e foi un dos primeiros paxaros aos que se lle secuenciou o xenoma completo.[9] Os datos espectrométricos repetidos tomados de machos de papamoscas de colar revelaron que a reflectancia da plumaxe debería medirse durante o cortexo, o período principal de sinalización sexual, xa que os trazos espectrais diminúen ao longo da estación reprodutora.[10]
Nas poboacións naturais de F. albicollis parece que a endogamia é rara, pero cando esa ocorre ten consecuencias negativas para características que inflúen na fitness como a taxa de éxito na incubación.[11]
↑Briedis, M.; Hahn, S.; Gustafsson, L.; Henshaw, I.; Träff, J.; Král, M.; Adamík, P. (2016). "Breeding latitude leads to different temporal but not spatial organization of the annual cycle in a long-distance migrant". Journal of Avian Biology47 (6): 743–748. doi:10.1111/jav.01002.
↑Ellegren, Hans; Smeds, Linnéa; Burri, Reto; Olason, Pall I.; Backström, Niclas; Kawakami, Takeshi; Künstner, Axel; Mäkinen, Hannu; Nadachowska-Brzyska, Krystyna (24 de outubro de 2012). "The genomic landscape of species divergence in Ficedula flycatchers". Nature(en inglés)491 (7426): 756–760. Bibcode:2012Natur.491..756E. ISSN0028-0836. PMID23103876. doi:10.1038/nature11584.
↑Hegyi, G.; Laczi, M.; Boross, N.; Jablonsky, M.; Kötél, D.; Krenhardt, K.; Markó, M.; Nagy, G.; Rosivall, B.; Szász , E.; Garamszegi, L.Z.; Török, J. (2019). "When to measure plumage reflectance: a lesson from Collared Flycatchers Ficedula albicollis". Ibis161 (1): 27–34. doi:10.1111/ibi.12648.