O papaeirugas de ás vermellas ou papaeirugas de alas vermellas[2] (Coccyzus americanus) é unha especie de avecuculiforme, pertencente á familia dos cucúlidos que vive en América.
Descrición
Os adultos teñen a cola longa. Son de cor marrón pola parte de riba e branca pola de baixo. Posúen un bico curvo de cor amarela e un anel tamén amarelo ao redor dos ollos. Cando voan vense as súas ásferruxentas. Os individuos novos son parecidos, pero a cor negra da medula inferior é substituída polo gris. Mide entre 26 e 30 cm de longo e entre 38 e 43 cm de envergadura. Pesan arredor de 55 e 65 g.[3]