PROA Comunicación é unha consultora de comunicación española dedicada á comunicación corporativa e a xestión da reputación. Foi fundada en 2009 e é a promotora do Observatorio Proa para a reflexión sobre a comunicación, foro que se celebra desde 2017.
Historia
A empresa foi creada en 2009 por Lucía Casanueva. Nos seus inicios estaba especializada en comunicación corporativa, financeira e de crise.[1] Foi refundada en 2015 ao entrar como socia Valvanuz Serna, ampliándose aos sectores de gran consumo e servizos profesionais.[2] En 2020 adoptou nova imaxe, web, lema e logotipo.[3]
Ten a súa sede en Madrid e delegacións en Barcelona, Bilbao, Valencia, Santander e Vigo. En 2022 inaugurou lla nova sede na rúa Montalbán,[4] presentándose un informe sobre a comunicación en tempos de crises.[5] As súas alianzas internacionais son coas consultoras Vae Solis Communications e Corpcom.[6]
A empresa xestiona a comunicación da Cátedra Vargas-Llosa e a Fundación Internacional para la Libertad (FIL),[7] do sector asegurador, con AIG, Boston Consulting Group, Lacoste, Artá Capital, Mercapital,[8] OHL, e Condé Nast,[9] entre outras.
Observatorio Proa
En 2015, creouse o Observatorio Proa como un foro estable de debate coa participación de persoas destacadas do mundo político, económico e cultural. Con anterioridade foron convidados diversos políticos, seguindo a pauta de diversas consultoras de xerar encontros de empresarios e políticos, como José Luis Martínez-Almeida (Partido Popular), ou Javier Ortega-Smith (Vox).[10]
Polo Observatorio Proa pasaron personalidades públicas e representantes do sector empresarial como: Cristóbal Montoro,[11] Olga Cuenca, Jordi Sevilla, Ana Pastor,[12] Carlos Espinosa de los Monteros ou o xeneral Félix Sanz Roldán, Manuel Sala, entre outros.
Entre os encontros realizados polo Observatorio Proa, destacou o celebrado no Círculo Ecuestre de Barcelona e que estivo dedicado aos xuízos paralelos ou a denominada “pena do telexornal”. Nel interviñeron Juan Carlos Campo,[13] maxistrado da Audiencia Nacional de España e exministro de Xustiza, o fiscal do Tribunal Supremo, Javier Zaragoza,[14] e Pau Molins[15] defensor da Infanta Cristina.
Producións
- Informe La nueva comunicación y márketing empresariales en tiempos de postpandemia, crisis económica y guerra, dirixido por José Antonio Zarzalejos, (19/11/22)
- Documental El click, sobre saúde mental.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas