PLISAN (Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra - As Neves), tamén chamado Porto Seco, é unha zona industrial e loxística galega, a maior da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Sitúase entre os concellos de Salvaterra de Miño e As Neves. Os promotores desta zona industrial son a Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Historia
Os seus trámites comezaron en 2001 cunha superficie inicial de 4.000.000 metros cadrados, posteriormente reducida a 3.091.000. Logo de máis de 106 millóns de euros gastados (dos que 40 foron destinados a expropiacións), na actualidade apenas se teñen urbanizados 950.000, os situados máis ao sur.[1]
Xa en 2005 o daquela presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, ratificaba publicamente a inminente construción da PLISAN perante as dúbidas xurdidas entre o empresariado vigués[2]. O seu sucesor no goberno galego, Emilio Pérez Touriño, sería quen colocaría a primeira pedra ese mesmo ano[3] e a mediados de 2007 anunciaba o remate das obras para o verán de 2008.[4] A piques de rematar o seu primeiro e único mandato, en 2009, Touriño anunciaba a urbanización e a instalación de empresas para ese ano[5].
A mediados de 2015 a Xunta de Galicia ordenou a suspensión parcial das obras[6], con todo, en outono puideron comezar as obras de urbanización dos sistemas xerais.[7] En febreiro de 2017 anunciábase que os primeiros 100.000 m2 haberían de se comercializar a 50 €/m2[8]. Porén, en abril dese mesmo ano, volvíanse suspender as obras de urbanización após a baixa temeraria na adxudicación do contrato[3].
Accesos
- Ferrocarril
- Estradas e autoestradas
Patrimonio cultural
Durante as obras de construción foron localizados varios fornos romanos en moi bo estado de conservación, de gran tamaño e de grande importancia relativa pola escaseza deste tipo de restos en Galicia[9].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas