PAZ |
---|
|
Fabricante | EADS CASA Espacio |
---|
Contratistas principais | HISDESAT |
---|
Destino actual | Pendente de lanzamento |
---|
Órbitas | Heliosincrónica case polar |
---|
Data de lanzamento | 22 de febreiro de 2018 |
---|
Foguete portador | Falcon 9 (SpaceX) |
---|
Sitio de lanzamento | Vandenberg, CA Estados Unidos |
---|
Duración da misión | 5 anos e medio |
---|
Masa | 1400 kg |
---|
Dimensións | 5 m x 2,4 m |
---|
Potencia | 100 W |
---|
Datos orbitais |
---|
Inclinación | 97,44° |
---|
Altura orbital | 514 km |
---|
|
PAZ é un proxecto do Programa Nacional de Observación da Terra por Satélite (PNOTS), creado polos Ministerio de Defensa e o entón ministerio de Industria, Comercio e Turismo de España.[1]
O programa
O Ministerio de Defensa encargou á empresa Hisdesat[2] comezar o desenvolvemento dun sistema de observación da Terra con tecnoloxía radar de apertura sintética, no ano 2007, para satisfacer os requisitos operativos das Forzas Armadas Españolas respecto ás necesidades de observación a tempo completo con moi alta resolución.
Como consecuencia do anterior, Hisdesat iniciou os traballos de desenvolvemento do programa, contratando o deseño e a fabricación do satélite a EADS CASA Espacio en decembro de 2007, o que supuxo un fito para a industria espacial española ao ser a primeira vez que se asume o reto de construír en España un satélite deste tamaño e complexidade.
Hisdesat é a propietaria, operadora e explotadora do satélite PAZ, que proporciona información valiosa para múltiples aplicacións desde a súa órbita polar ao redor da Terra.
EADS CASA Espacio, como contratista principal, lidera un gran consorcio formado por empresas do sector espacial. Ademais, está desenvolvendo a parte frontal do radar, cuxa antena é un dos elementos máis importantes e innovadores e está baseada en tecnoloxía de circuítos radiadores impresos en disposición multicapas.
Hisdesat contratou o lanzamento do satélite co lanzador ruso Dnepr, previsto inicialmente para finais do ano 2012, mais sufriu diversos atrasos[3] (os últimos foron de orixe político tras o arrefriamento das relacións entre Rusia e a Unión Europea pola crise en Ucraína[4]), ata que en 2016 decidiuse cancelar o lanzamento con Dnepr e buscar outros posibles lanzadores.[5]
O INTA é o responsable do desenvolvemento do segmento terreo do programa PAZ que inclúe as Estacións de Control e Seguimiento, que estarán localizadas en Torrejón de Ardoz (Madrid) e Maspalomas (Gran Canaria) (con opción a usar tamén unha estación polar) e os centros de procesado e almacenamiento dos datos, situados nas ubicaciones anteriores e na Base Aérea de Torrejón de Ardoz (CESAEROB).[6]
O custo total do satélite é de 160 millóns de euros,[7] incluíndo 20 millóns de euros do lanzamento por parte de SpaceX.
O satélite
Cun peso total estimado duns 1400 kg, PAZ mide 5 m de altura e 2,4 m de diámetro.
Consta dunha plataforma ou módulo de servizo e un radar de apertura sintética como instrumento principal.
Incorpora un experimento de Radio Ocultación e Precipitación Extrema, e un receptor do Sistema de Identificación Automática (AIS) como instrumentos secundarios.[8]
Galería
-
O foguete Falcon 9 despega desde Vandenberg con PAZ a bordo.
-
Falcon 9 despegando desde Vandenberg.
-
Long Exposure do lanzamento.
-
Vista do lanzamento desde
Goleta, California.
Notas