Píso apó tis thimoniés (en grego: Πίσω από τις θημωνιές) é un filme grego de 2022 dirixido e escrito por Asimina Proedrou, no seu debut como directora. O filme conta a historia dun pescador de mediana idade que, por mor dunha débeda crecente, comeza a pasar de contrabando refuxiados por un lago na fronteira norte de Grecia.[1] Estreouse na 63ª edición do Festival Internacional de Cinema de Tesalónica na sección 'Meet the Neighbours Competition' o 11 de novembro de 2022.[2][3]
Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[4][5] mais finalmente non foi nomeado.[6]
Personaxes
- Stathis Stamoulakatos como Stergios
- Eleni Ouzounidou como Maria
- Evgenia Lavda como Anastasia
- Christos Kontogeorgis como Christos
- Dina Mihailidou como Georgia
- Paschalis Tsarouhas como Dimitris
- Leonidas Alatsakis como Nikos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
1957–1980 | | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|