Overlord é un filme estadounidense de terror e acción[4][5][6] de 2018 dirixido por Julius Avery e escrito por Billy Ray e Mark L. Smith. Está protagonizado por Jovan Adepo, Wyatt Russell, Mathilde Ollivier, John Magaro, Gianny Taufer, Pilou Asbæk, Bokeem Woodbine e Iain De Caestecker.[7] Foi producido por J. J. Abrams a través da compañía Bad Robot Productions, e Lindsey Weber.[8][9] Conta a historia de varios soldados estadounidenses que son lanzados detrás das liñas inimigas o día antes do desembarco de Normandía e descobren experimentos nazis secretos.
Overlord estreouse nos Estados Unidos o 9 de novembro de 2018 a través de Paramount Pictures. O filme recadou 41 millóns de dólares sobre un orzamento de 38 millóns.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas