Oseira, San Cristovo de Cea

Oseira
Mosteiro Cisterciense de Oseira
ConcelloSan Cristovo de Cea[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°32′19″N 7°57′06″O / 42.53863316, -7.9516631
Poboación389 hab. (2011)
Entidades de poboación23[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María a Real de Oseira é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2011 tiña 389 habitantes, deles 204 eran homes e 185 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

Xeografía

É a parroquia máis extensa do municipio de San Cristovo de Cea, ocupa aproximadamente un cuarto da totalidade do concello. Coñecida polo Mosteiro Cisterciense de Oseira que en épocas anteriores foi algo así como o centro neurálxico de toda a comarca do Carballiño.

Cultura

Toponimia

Oseira (do latín ossum, "lugar onde hai osos"), o nome provén de "ursaria", terra onde habitan osos, pois era frecuente poder ver este tipo de animais pola zona. En galego antigo escrito coma Osseira (Osseyra), posteriormente ás veces castelanizado coma Osera ou Ossera[2].

Festas

Celébrase o 15 de agosto a festa en honor a Santa María a Real de Oseira. Aínda que a festa laica se fai o domingo que segue ó día 15.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Oseira

Lugares da parroquia de Oseira no concello de San Cristovo de Cea na Provincia de Ourense

Arenteiriño | Áspera | Betar | Boulla | A Cabana | Confurco | A Costa | O Gamoal | Mirallos | Oseira | Pielas | Pobadura | O Río | San Martiño | Silvaboa | Tanxil | Trabazos | A Veiga de Abaixo | A Veiga de Arriba | A Ventela | Vilanfesta | Vilarello | Vilariño Frío

Parroquias de San Cristovo de Cea

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Cristovo de Cea

Castrelo (San Cibrao) | Cea (San Cristovo) | Covas (Santa María) | Lamas (San Martiño) | Longos (Santa Baia) | Mandrás (San Pedro) | Oseira (Santa María a Real) | Pereda (Santa Baia) | San Fagundo (San Fagundo) | Souto (San Salvador) | Vales (San Pedro) | Vilaseco (San Miguel) | Viña (San Román)

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)

Véxase tamén

Outros artigos