Os verbos irregulares galegos

Os verbos irregulares son aqueles que teñen diferente o tema de presente do tema de perfecto.

O tema verbal é a suma da raíz e a vogal temática. Hai dous temas: o de perfecto (encóntrase no pretérito de indicativo, antepretérito de indicativo, pretérito de subxuntivo e futuro de subxuntivo) e o de presente (resto de tempos verbais).

Exemplos

Como dixemos na definición hai un grupo de 18 verbos que teñen un tema específico para a conxugación do presente no pretérito de indicativo, antepretérito de indicativo, pretérito de subxuntivo e futuro de subxuntivo. Velaquí tres exemplos


VERBO IRREGULARTEMATEMPOS VERBAIS
Tema de presentesabesabemos, saberás,...
Pretérito de indicativo (ou perfecto)soubesoubemos
Antepretérito de indicativo (ou pluscuamperfecto)soubesouberamos
pretérito de subxuntivo (ou imperfecto de subxuntivo)soubesoubésemos
futuro de subxuntivo (ou futuro de subxuntivo)soubesoubermos


VERBO IRREGULARTEMATEMPOS VERBAIS
Tema de presentedicidicimos, diciamos,...
Pretérito de indicativo (ou perfecto)dixedixemos
Antepretérito de indicativo (ou pluscuamperfecto)dixedixeramos
pretérito de subxuntivo (ou imperfecto de subxuntivo)dixedixésemos
futuro de subxuntivo (ou futuro de subxuntivo)dixedixermos


VERBO IRREGULARTEMATEMPOS VERBAIS
Tema de presentepracepracemos, pracerás,...
Pretérito de indicativo (ou perfecto)prougueprouguemos
Antepretérito de indicativo (ou pluscuamperfecto)prougueprougueramos
pretérito de subxuntivo (ou imperfecto de subxuntivo)prougueprouguésemos
futuro de subxuntivo (ou futuro de subxuntivo)prougueprouguermos

Véxase tamén

Outros artigos