Atópase situado ao noroeste da provincia de Zamora, xunto á provincia de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da histórica rexión lusitana de Trás-Os-Montes. Pertence ás Portelas, unha sub-bisbarra da bisbarra histórica e tradicional de Seabra.
No seu termo atópase o Santuario da Tuiza, patroa da Alta Sanabria e centro da romaría que cada último domingo de setembro congrega aos veciños da zona.
É unha das poucas localidades bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]
O número de habitantes descendeu de modo paulatino desde a metade do século XX. A súa economía está baseada na agricultura e a gandaría.