Ornitholestes (que quere dicir "paxaro ladrón") é un pequeno dinosauro terópodo do Xurásico serodio (Formación de Morrison, no Kimmeridgiano, hai uns 154 millóns de anos)[1] no oeste de Laurasia (a área que es convertería en América do Norte).
Até a data, Ornitholestes é coñecido por un único esqueleto parcial cun cranio esmagado que foi atopado en Bone Cabin Quarry, preto de Medicine Bow, Wyoming, en 1900. Foi descrito por Henry Fairfield Osborn en 1903. Unha man incompleta foi posteriormente atribuída a Ornitholestes, malia que no presente semella que pertence a Tanycolagreus. A especie tipo (e a única coñecida) é O. hermanni. O nome específico foille concedido na honra do preparador do Museo Americano de Historia Natural Adam Hermann.
Notas
- ↑ Turner, C.E. and Peterson, F., (1999). "Biostratigraphy of dinosaurs in the Upper Jurassic Morrison Formation of the Western Interior, U.S.A." Pp. 77–114 in Gillette, D.D. (ed.), Vertebrate Paleontology in Utah. Utah Geological Survey Miscellaneous Publication 99-1.
Véxase tamén
Bibliografía
- Osborn, Henry Fairfield (1903). "Ornitholestes hermanni, a new compsognathoid dinosaur from the Upper Jurassic". Bulletin of the American Museum of Natural History 19 (12): 459–464. hdl:2246/1502.
- Osborn, Henry Fairfield (1917). "Skeletal adaptations of Ornitholestes, Struthiomimus, Tyrannosaurus". Bulletin of the American Museum of Natural History 35 (43): 733–771. hdl:2246/1334.
- Ostrom, John H. (1969). "Osteology of Deinonychus antirrhopus, an unusual theropod from the Lower Cretaceous of Montana". Peabody Museum of Natural History Bulletin 30: 1–165.