Orgánulo

Esquema dunha célula animal típica, amosando compoñentes subcelulares. Orgánulos: (1) nucléolo (2) núcleo (3) ribosomas (4) vesícula (5) retículo endoplasmático rugoso (REr) (6) aparato de Golgi (7) citoesqueleto (8) retículo endoplasmático liso (REl) (9) mitocondrias (10) vacúolo (11) citoplasma (12) lisosoma (13) centríolos

En bioloxía celular, denomínanse orgánulos[1] ou organelos[2] as diferentes estruturas suspendidas no citoplasma da célula eucariota, que teñen unha forma e unhas funcións especializadas ben definidas e diferenciadas. A célula procariótica carece da maior parte dos orgánulos (xeralmente só posúe ribosomas).

Non todas as células eucariotas conteñen todos os orgánulos ó mesmo tempo, senón que algúns aparecen en determinadas células de acordo coas súas funcións.

Historia e terminoloxía

Os termos orgánulo e organelo introducíronse xa no século XIX cando se empezaron a estudar as partes internas da célula. As subestruturas celulares cunha función específica recibiron o nome de orgánulos por analoxía co termo órgano (as unidades funcionais do corpo dun organismo pluricelular).[3] Porén, nos primeiros traballos sobre as células os autores raramente facían distinción entre "orgánulos" e "órganos".

Considérase que o primeiro[4][5][6] que usou o diminutivo de órgano para referirse ás estruturas internas da célula foi o zoólogo alemán Karl August Möbius (1884), que utilizou nunha revista científica o termo organula (plural de organulum, diminutivo latino de organum).[7] Polo contexto en que foi utilizado, está claro que se refería ás estruturas relacionadas coa reprodución dos protistas. Porén, algo despois, nunha nota a rodapé que foi publicada como unha corrección no seguinte número da revista, xustificou a súa proposta terminolóxica de chamarlle mellor a ditas estruturas de organismos unicelulares "organella" (en vez de orgánulos) porque son simplemente distintas partes dunha célula, a diferenza dos órganos dos seres pluricelulares. Por tanto, o termo orixinal orgánulos (organula) e o algo posterior organelos (organella) referíanse ás subestruturas dos organismos unicelulares.

Varios anos despois orgánulo ou o termo posterior organelo foron aceptados e utilizáronse cada vez máis para referirse ás estruturas subcelulares de todos os organismos, unicelulares e pluricelulares. Os libros de arredor de 1900 de Valentin Häcker,[8] Edmund Wilson[9] e Oscar Hertwig[10] aínda falan de órganos celulares, pero máis tarde órgano e organelos úsanse ás veces conxuntamente como sinónimos; por exemplo Bengt Lidforss publicou textos en 1915 (en alemán) nos que falaba de "órganos ou organelos" (Organe oder Organellen).[11]

Arredor de 1920, o termo organelo utilizouse para referirse a estruturas propulsoras ("complexos organelos motores", por exemplo, flaxelos e a súa ancoraxe basal[12] e outras estruturas de protistas ciliados como os cilios).[13] Alfred Kühn falaba dos centríolos como organelos da división.[14]

Max Hartmann no seu libro de 1953 utiliza o termo para referirse aos esqueletos de protistas intracelulares ou extracelulares (película, cunchas ou cubertas, paredes celulares).[15]

Máis tarde, foi emerxendo a definición, hoxe moi usada,[16][17][18][19] de organelo, na cal só as estruturas rodeadas por membranas se consideraban organelos. Porén, a definición orixinal e máis xeral de unidade subcelular funcional aínda coexiste coa máis restrinxida (só os rodeados de membrana).[20][21]

En 1978, Albert Frey-Wyssling propuxo, con moi escaso éxito, que organelo se restrinxise só ás estruturas que converten enerxía, como os centrosomas, ribosomas, e nucléolos.[22]

Actualmente pode atoparse en diversos textos o termo organelo/orgánulo usado con diferentes significados: algúns consideran orgánulo só os que conteñen ADN (mitocondrias e cloroplastos de orixe endosimbótica),[23][24][25] pero para a maioría son todos os "compartimentos celulares", polo que deben estar rodeados de membrana, aínda que o uso do termo para referirse a partes da célula non rodeadas de membrana (ribosomas, por exemplo) é tamén común.[26] Nalgúns textos fálase de orgánulos/organelos rodeados de membrana e non rodeados de membrana.[27] Tamén se ve ás veces organela en vez de organelo.

Orgánulos eucarióticos

Principais

Orgánulo Función Estrutura Organismos Notas
cloroplasto fotosíntese posúe dobre membrana plantas, protistas contén algúns xenes
retículo endoplasmático síntese e embalaxe de proteínas e certos lípidos pode asociarse con ribosomas na súa membrana eucariontes
aparato de Golgi transporte e embalaxe de proteínas sacos achandados rodeados por membrana citoplasmática a maioría de eucariontes nas plantas coñécense como dictiosomas
mitocondria produción de enerxía compartimento de dobre membrana a maioría de eucariontes contén algúns xenes
vacúolos almacenaxe, transporte e homeostase sacos de membrana vesicular plantas e fungos
núcleo mantemento de ADN e ARN, e expresión xenética rodeado por membrana dobre todos os eucariontes contén o xenoma

Outros orgánulos e compoñentes celulares

Orgánulo/compoñente Función Estrutura Organismos
acrosoma axuda ó espermatozoide a fusionarse co óvulo compartimento de membrana simple moitos animais
autofagosoma vesícula que almacéna material citoplasmático e orgánulos para a súa degradación compartimento de dobre membrana todas as células eucariotas
centríolo fixación do citoesqueleto microtúbulos de proteínas animais
cilio movemento microtúbulos de proteínas animais, protistas, algunhas plantas
glioxisoma transformación de lípidos en azucre compartimento de membrana simple plantas
hidroxenosoma produción de enerxía e hidróxeno compartimento de dobre membrana algúns eucariontes unicelulares
lisosoma ruptura de grandes moléculas compartimento de membrana simple a maioría dos eucariontes
melanosoma almacén de pigmentos compartimento de membrana simple animais
mitosoma sen caracterizar compartimento de dobre membrana algúns eucariones unicelulares
miofibrila contracción muscular filamentos entrelazados animais
nitroplasto fixación do nitróxeno compartimento de dobre membrana certas algas
nucléolo produción de ribosomas proteínas-DNA-RNA a maioría dos eucariontes
parentosoma sen caracterizar sen caracterizar fungos
peroxisoma oxidación de proteínas compartimento de membrana simple todos os eucariontes
ribosoma produción de proteínas a partir de ARN ARN-proteínas eucariontes e procariontes
vesícula varias funcións compartimento de membrana simple todos os eucariontes

Clasificación segundo a súa xénese

Atendendo á súa xénese, os orgánelos clasifícanse en dous grupos:

  1. Orgánulos autoxenéticos, desenvolvidos filoxenética e ontoxeneticamente da complexización de estruturas previas.
  2. Orgánulos de orixe endosimbiótica, procedentes da simbiose con outros organismos.

Orgánulos endosimbióticos

Son orgánulos incorporados á célula eucarionte inicialmente como bacterias endosimbiontes. Os orgánelos de orixe endosimbiótico teñen o seu propio xenoma, a súa propia maquinaria de síntese proteica, incluídos ribosomas, e multiplícanse por bipartición, de maneira que se se extirpan experimentalmente dunha célula non poden volver a se formar.

  • Mitocondrias. Todos os eucariontes coñecidos teñen mitocondrias, orgánulos derivados delas, como os hidroxenosomas, ou ó menos restos de xenes mitocondriais incorporados ó xenoma nuclear.
  • Plastos. Hai dous clases de plastos, os primarios derivan de cianobacterias por endosimbiose e os secundarios por endosimbiose de células eucariotas xa dotadas de plasto. Estes últimos son moito máis complexos. Os plastos designáronse moi a miúdo con outros nomes en función da súa pigmentación ou do grupo en que se presenta. A denominación cloroplasto é usada habitualmente como nome xenérico.

Orgánulos procarióticos

Estrutura celular dunha bacteria

Os procariotas non son estruturalmente tan complexos coma os eucariotas, e pensábase inicialmente que non tiñan estruturas internas limitadas por membranas lipídicas similares a orgánulos membranosos. No pasado víanse como organismos con moi pouca organización interna; pero, pouco a pouco, empezaron a coñecerse detalles da súa estrutura interna que fixeron mudar esta visión. Unha idea inicial incorrecta desenvolvida na década de 1970 era que contiñan pregamentos internos da membrana chamados mesosomas, pero estes foron despois identificados como artefactos producidos polas substancias químicas utilizadas na preparación das células para a microscopía electrónica.[28]

Porén, as investigacións máis recentes revelaron que polo menos algúns procariotas teñen microcompartimentos asimilables a orgánulos, tales como os carboxisomas. Estes compartimentos subcelulares teñen 100 - 200 nm de diámetro e están rodeados por unha cuberta proteica.[29] Outros dos orgánulos descubertos son o magnetosoma, rodeado de membrana,[30][31] e as estruturas similares a un núcleo de Planctomycetes, que están limitadas por membranas lipídicas.[32]

Orgánulos e compoñentes celulares procarióticos
Orgánulo/Macromolécula Función principal Estrutura Organismos
carboxisoma fixación do carbono compartimento con cuberta proteica algunhas bacterias
clorosoma fotosíntese complexo captador de luz bacterias verdes do xofre
flaxelo movemento no medio externo filamento proteico algúns procariotas e eucariotas
magnetosoma orientación magnética cristal inorgánico, membrana lipídica bacterias magnetotácticas
nucleoide contén o ADN, transcrición do ARN ADN-proteínas procariotas
plásmido intercambio de ADN ADN circular algunhas bacterias
ribosoma tradución do ARN en proteínas ARN-proteínas eucariotas, procariotas
tilacoide fotosíntese proteínas e pigmentos do fotosistema principalmente cianobacterias

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para orgánulo.
  2. Estas estruturas téñense denominado orgánulos, organelos e organelas (ver o seguinte apartado de "Historia e terminoloxía"). No dicionario da Academia en liña, DRAG de 2013 só aparece a voz orgánulo.
  3. Lynsey Peterson (2010-04-17). "Mastering the Parts of a Cell". Lesson Planet. Consultado o 2010-04-19. 
  4. Bütschli, O. (1888). Dr. H. G. Bronn's Klassen u. Ordnungen des Thier-Reichs wissenschaftlich dargestellt in Wort und Bild. Erster Band. Protozoa. Dritte Abtheilung: Infusoria und System der Radiolaria. p. 1412. Die Vacuolen sind demnach in strengem Sinne keine beständigen Organe oder O r g a n u l a (wie Möbius die Organe der Einzelligen im Gegensatz zu denen der Vielzelligen zu nennen vorschlug). 
  5. Amer. Naturalist. 23, 1889, p. 183: "Posiblemente pode ser unha vantaxe usar a palabra organula aquí en vez de órgano, seguindo a suxestión de Möbius. Os agregados multicelulares diferenciados funcionalmente en formas multicelulares ou metazoos son neste sentido órganos, mentres que para as porcións funcionalmente diferenciadas de organismos unicelulares ou para ditas porcións diferenciadas dos elementos xerminais unicelulares dos metazoos, é apropiado o diminutivo organula." Citado da: Oxford English Dictionary online, entrada para "organelle".
  6. 'Journal de l'anatomie et de la physiologie normales et pathologiques de l'homme et des animaux' at Google Books
  7. Möbius, K. (1884). "Das Sterben der einzelligen und der vielzelligen Tiere. Vergleichend betrachtet". Biologisches Centralblatt 4 (13, 14): 389–392, 448. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 04 de marzo de 2013. Während die Fortpflanzungszellen der vielzelligen Tiere unthätig fortleben bis sie sich loslösen, wandern und entwickeln, treten die einzelligen Tiere auch durch die an der Fortpflanzung beteiligten Leibesmasse in Verkehr mit der Außenwelt und viele bilden sich dafür auch besondere Organula". Footnote on p. 448: "Die Organe der Heteroplastiden bestehen aus vereinigten Zellen. Da die Organe der Monoplastiden nur verschieden ausgebildete Teile e i n e r Zelle sind schlage ich vor, sie „Organula“ zu nennen 
  8. Häcker, Valentin (1899). Zellen- und Befruchtungslehre. Jena: Verlag von Gustav Fisher. 
  9. Wilson, Edmund B. (1900). The Cell in Development and Inheritance (2nd ed.). New York: The Macmillan Company. 
  10. Hertwig, Oscar (1906). Allgemeine Biologie. Zweite Auflage des Lehrbuchs "Die Zelle und die Gewebe". Jena: Verlag von Gustav Fischer. 
  11. Lidforss, B. (1915). "Protoplasma". En Paul Hinneberg. Allgemeine Biologie. Leipzig, Berlin: Verlag von B. G. Teubner. pp. 227 (218–264). Eine Neubildung dieser Organe oder Organellen findet wenigstens bei höheren Pflanzen nicht statt 
  12. Kofoid CA, Swezy O (1919). "Flagellate Affinities of Trichonympha". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 5 (1): 9–16. Bibcode:1919PNAS....5....9K. PMC 1091514. PMID 16576345. doi:10.1073/pnas.5.1.9. 
  13. Cl. Hamburger, Handwörterbuch der Naturw. Bd. V,. p. 435. Infusorien. cited after Petersen, Hans (1919). "Über den Begriff des Lebens und die Stufen der biologischen Begriffsbildung". Archiv für Entwicklungsmechanik der Organismen (now: Development Genes and Evolution) 45 (3): 423–442. ISSN 1432-041X. doi:10.1007/BF02554406. 
  14. Kühn, Alfred (1920). "Untersuchungen zur kausalen Analyse der Zellteilung. I. Teil: Zur Morphologie und Physiologie der Kernteilung von Vahlkampfia bistadialis". Archiv für Entwicklungsmechanik der Organismen (now: Development Genes and Evolution) 46 (2–3): 259–327. doi:10.1007/BF02554424. die Alternative: Organell oder Produkt der Strukturbildung 
  15. Hartmann, Max (1953). Allgemeine Biologie (4th ed.). Stuttgart: Gustav Fisher Verlag. 
  16. Nultsch, Allgemeine Botanik, 11. Aufl. 2001, Thieme Verlag
  17. Wehner/Gehring, Zoologies, 23. Aufl. 1995, Thieme Verlag
  18. Alberts, Bruce et al. (2002). The Molecular Biology of the Cell, 4th ed., Garland Science, 2002, ISBN 0-8153-3218-1. online via "NCBI-Bookshelf"
  19. Brock, Mikrobiologie, 2. korrigierter Nachdruck (2003), der 1. Aufl. von 2001
  20. Strasburgers Lehrbuch der Botanik für Hochschulen, 35. Aufl. (2002), p. 42
  21. Alliegro MC, Alliegro MA, Palazzo RE (2006). "Centrosome-associated RNA in surf clam oocytes". Proc. Nat. Acad. Sci. USA 103 (24): 9037–9038. Bibcode:2006PNAS..103.9034A. PMC 1482561. PMID 16754862. doi:10.1073/pnas.0602859103. 
  22. Frey-Wyssling, A (1978). "Definition of the organell concept". Gegenbaurs morphologisches Jahrbuch (en German) 124 (3): 455–7. ISSN 0016-5840. PMID 689352. 
  23. Keeling, Pj; Archibald, Jm (2008). "Organelle evolution: what's in a name?". Current biology: CB 18 (8): R345–7. PMID 18430636. doi:10.1016/j.cub.2008.02.065. 
  24. Imanian B, Carpenter KJ, Keeling PJ (2007). "Mitochondrial genome of a tertiary endosymbiont retains genes for electron transport proteins". The Journal of eukaryotic microbiology 54 (2): 146–53. PMID 17403155. doi:10.1111/j.1550-7408.2007.00245.x. 
  25. Mullins, Christopher (2004). "Theory of Organelle Biogenesis: A Historical Perspective". The Biogenesis of Cellular Organelles. Springer Science+Business Media, National Institutes of Health. ISBN 0-306-47990-7. 
  26. Campbell and Reece, Biology 6th edition, Benjamin Cummings, 2002
  27. Cormack, David H. (1984) Introduction to Histology, Lippincott, ISBN 0-397-52114-6
  28. Ryter A (1988). "Contribution of new cryomethods to a better knowledge of bacterial anatomy". Ann. Inst. Pasteur Microbiol. 139 (1): 33–44. PMID 3289587. doi:10.1016/0769-2609(88)90095-6. 
  29. Kerfeld CA, Sawaya MR, Tanaka S, Nguyen CV, Phillips M, Beeby M, Yeates TO (2005). "Protein structures forming the shell of primitive bacterial organelles.". Science 309 (5736): 936–8. PMID 16081736. doi:10.1126/science.1113397. 
  30. Komeili A, Li Z, Newman DK, Jensen GJ (2006). "Magnetosomes are cell membrane invaginations organized by the actin-like protein MamK". Science 311 (5758): 242–5. PMID 16373532. doi:10.1126/science.1123231. 
  31. Scheffel A, Gruska M, Faivre D, Linaroudis A, Plitzko JM, Schüler D (2006). "An acidic protein aligns magnetosomes along a filamentous structure in magnetotactic bacteria". Nature 440 (7080): 110–4. PMID 16299495. doi:10.1038/nature04382. 
  32. Fuerst JA (2005). "Intracellular compartmentation in planctomycetes". Annu. Rev. Microbiol. 59: 299–328. PMID 15910279. doi:10.1146/annurev.micro.59.030804.121258. 

Véxase tamén

Outros artigos

Read other articles:

Istana Sri Paus di Avignon. Kepausan Avignon dalam sejarah Gereja Katolik Roma adalah periode dari 1305 hingga 1378 ketika Uskup Roma, yaitu Paus, tinggal di Avignon (kini bagian dari Prancis) dan bukan di Roma. Tujuh paus, semuanya orang Prancis, tinggal di Avignon pada masa ini: Paus Klemens V: 1305–1314 Paus Yohanes XXII: 1316–1334 Paus Benediktus XII: 1334–1342 Paus Klemens VI: 1342–1352 Paus Innosensius VI: 1352–1362 Paus Urbanus V: 1362–1370 Paus Gregorius XI: 1370–1378 Pa...

 

A pattern of daily vertical movement characteristic of many aquatic species Diel redirects here. For other uses, see Diel (disambiguation). Daily migration of marine life between the twilight zoneand the ocean surface – animation by NASA [1] Diel vertical migration (DVM), also known as diurnal vertical migration, is a pattern of movement used by some organisms, such as copepods, living in the ocean and in lakes. The adjective diel (IPA: /ˈdaɪ.əl/, /ˈdiː.əl/) comes from ...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada September 2016. Sergei SmirnovInformasi pribadiNama lengkap Sergei Andreyevich SmirnovTanggal lahir 1 Maret 1992 (umur 32)Tinggi 1,80 m (5 ft 11 in)Posisi bermain GelandangKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2009-2010 FC Taganrog 21 (0) * Penampi...

Connie Rahakundini BakrieLahirRahakundini Laspetrini3 November 1964 (umur 59)Bandung, Jawa Barat, Indonesia[1]KebangsaanIndonesiaAlmamaterUniversitas IndonesiaPekerjaanAnalis Pertahanan, Militer dan IntelijenSuami/istriDjaja Suparman ​(c. 2014)​Anak3Orang tuaDr. Bakrie Arbie (bapak)Nyi Raden Sekarningsih Ardiwinata (ibu) Dr. Rahakundini Laspetrini,[2][3][4] M.Si atau lebih dikenal dengan nama Connie Rahakundini Bakrie (lahir 3...

 

Aire d'attraction d'Annecy Localisation de l'aire d'attraction d'Annecy dans le département de la Haute-Savoie. Géographie Pays France Région Auvergne-Rhône-Alpes Départements Haute-Savoie - Savoie Caractéristiques Type Aire d'attraction d'une ville Code Insee 043 Catégorie Aires de 200 000 à moins de 700 000 habitants Nombre de communes 79 soit 73 (Haute-Savoie) + 6 (Savoie) Population 298 164 hab. (2021) modifier  L'aire d'attraction d'Annecy est un zo...

 

يعتبر الإدراك الذاتي في فلسفة الذات تجربة شخصية الفرد أو فرديته.[1][2] لا يجب الخلط بينه وبين الوعي من ناحية الكيفيات المحسوسة، فالوعي هو إدراك بيئة المرء وجسده ونمط حياته، أما إدراك الذات هو تمييز هذا الإدراك.[3] الإدراك الذاتي هو كيفية معرفة وفهم الفرد بوعي شخصي...

Afghan Islamic law ministry Ministry for the Propagation of Virtue and the Prevention of Viceوزارت امر بالمعروف، نهی عن المنکر وسمع شکایات (Dari)د امربالمعروف، نهی عن المنکر او شکایتونو اورېدلو وزارت (Pashto)Ministry overviewFormed1996 (1996) (original)2021 (current)Preceding MinistryMinistry of Women's AffairsJurisdictionGovernment of AfghanistanHeadquartersKabul, AfghanistanMinister responsibl...

 

This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Espers band – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2016) EspersEspers performing in 2006Background informationOriginPhiladelphia, United StatesGenresDrone, folk, psychedelic, rockYears active2002-2010, 2018LabelsLocust Music, Dra...

 

This article is about the boxed set by Pink Floyd. For the album by Art Blakey and the Jazz Messengers, see Oh-By the Way. 2007 box set by Pink FloydOh, by the WayBox set by Pink FloydReleased10 December 2007Recorded1967–1994GenreProgressive rock, psychedelic rockLength12:01:40LabelEMIProducer Bob Ezrin David Gilmour James Guthrie Michael Kamen Norman Smith Pink Floyd Roger Waters Pink Floyd chronology Echoes: The Best of Pink Floyd(2001) Oh, by the Way(2007) Discovery(2011) Profess...

XXII Copa de EspañaCopa de España Competizione Copa de España Sport Football americano Edizione 22ª Organizzatore FEFA Date dal 12 novembre 2017al 25 novembre 2017 Luogo  Spagna Partecipanti 3 Formula Semifinale e finale Sede finale Polideportivo Batiste Subies, La Pobla de Farnals Risultati Vincitore  Badalona Dracs(3º titolo) Secondo  Las Rozas Black Demons Semi-finalisti  Camioneros de Coslada Statistiche Incontri disputati 2 Punti segnati 46 (23 per ...

 

Bilateral relationsAustralia–Ireland relations Ireland Australia Diplomatic relations exist between Australia and Ireland. Australia and Ireland share a historical connection and remained part of the British Empire until their respective independence. Over 300,000 Irish settlers migrated to Australia to escape poverty in their homeland and over 2 million Australian citizens claim Irish ancestry.[1] Both nations are mutual members of the Australia Group, Organisation for Economic Co...

 

Pour les articles homonymes, voir ADD. Aéroport d'Addis-Abeba Boleአዲስ አበባ ቦሌ ዓለም አቀፍ አውሮፕላን ማረፊያ Vue du terminal principal Localisation Pays Éthiopie Ville Addis-Abeba Coordonnées 8° 58′ 40″ nord, 38° 47′ 58″ est Altitude 2 334 m (7 656 ft) Informations aéronautiques Code IATA ADD Code OACI HAAB Type d'aéroport Civil Pistes Direction Longueur Surface 07/25 3 800 m (12 467 ft) Asph...

Сельское поселение России (МО 2-го уровня)Новотитаровское сельское поселение Флаг[d] Герб 45°14′09″ с. ш. 38°58′16″ в. д.HGЯO Страна  Россия Субъект РФ Краснодарский край Район Динской Включает 4 населённых пункта Адм. центр Новотитаровская Глава сельского пос�...

 

Region of Los Angeles, California, United States Griffith Park, the City's largest public park is in Northwest Los Angeles Northwest Los Angeles or Northwest of Downtown is a group of neighborhoods near the central area of Los Angeles, California that are north and west of the city center of Los Angeles, California. This name for the area has been in use off and on for over 100 years,[1][2] originally applying to Angelino Heights and gradually shifting northwesterly as those a...

 

English plain The Cheshire Plain viewed from the Mid-Cheshire Ridge The Cheshire Plain is a relatively flat expanse of lowland within the county of Cheshire in North West England but extending south into Shropshire. It extends from the Mersey Valley in the north to the Shropshire Hills in the south, bounded by the hills of North Wales to the west and the foothills of the Pennines to the north-east.[1] The Wirral Peninsula lies to the north-west whilst the plain merges with the South L...

Ayub 11Kitab Ayub lengkap pada Kodeks Leningrad, dibuat tahun 1008.KitabKitab AyubKategoriKetuvimBagian Alkitab KristenPerjanjian LamaUrutan dalamKitab Kristen18← pasal 10 pasal 12 → Ayub 11 (disingkat Ayb 11) adalah bagian dari Kitab Ayub di Alkitab Ibrani dan Perjanjian Lama dalam Alkitab Kristen. Kitab ini menceritakan riwayat Ayub, seorang yang saleh, dan pencobaan yang dialaminya.[1][2] Teks Naskah sumber utama: Masoretik, Septuaginta dan Naskah Laut Mati. Pas...

 

Lithuanian politician; President from 2003 until impeached in 2004 This article's factual accuracy may be compromised due to out-of-date information. Please help update this article to reflect recent events or newly available information. (December 2023) Rolandas PaksasPaksas in 20096th President of LithuaniaIn office26 February 2003 – 6 April 2004Prime MinisterAlgirdas BrazauskasPreceded byValdas AdamkusSucceeded byArtūras Paulauskas (Acting)Member of European ParliamentIn of...

 

Cet article est une ébauche concernant une localité allemande. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Pour les articles homonymes, voir Iserlohn (homonymie). Iserlohn Armoiries Administration Pays Allemagne Land Rhénanie-du-Nord-Westphalie District(Regierungsbezirk) Arnsberg Arrondissement(Landkreis) La Marck Nombre de quartiers(Ortsteile) 5 Bourgmestre(Bürgermeister) Michael Joithe Partis au pouvoi...

علوم تربويةالترابط بين تكنولوجيا المعلومات والاتصالات وطرائق التدريس.صنف فرعي من علم — علوم إنسانية — علوم اجتماعية جزء من بحث تربوي يمتهنه تربوي فروع علم التربية — أسلوب تدريسي الموضوع تعليم تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات جزء من سلسلة مقالات حولالبحث التربوي تخ...

 

West FargoOld ChurchGéographiePays  États-UnisÉtat Dakota du NordComté comté de CassSuperficie 38,11 km2 (2010)Surface en eau 1,87 %Altitude 273 mCoordonnées 46° 52′ 18″ N, 96° 53′ 42″ ODémographiePopulation 38 626 hab. (2020)Densité 1 013,5 hab./km2 (2020)FonctionnementStatut Cité aux États-UnisHistoireFondation 1926IdentifiantsCode postal 58078Code FIPS 3884780GNIS 1032733, 1036321TGN 2078099Indicatif téléph...