Orbcomm é unha constelación comercial de satélites de comunicacións pertencente a Orbital Communications Corp.[1]
Características
A constelación Orbcomm está pensada para ofrecer servizos de mensaxería global e de transmisión e recepción de datos. As mesaxes envíanse aos satélites, que as retransmiten a estacións de terra.[1]
O sistema componse de 36 satélites de primeira xeración lanzados entre 1995 e 1999 e satélites lanzados posteriormente para aumentar a capacidade e renovar a frota de satélites.[1]
Orbcomm-X e CDS 1 e 2
Orbcomm-X e Orbcomm CDS 1 e 2 foron tres satélites experimentais lanzados para probar compoñentes da primeira xeración de satélites Orbcomm. Orbcomm X fallou despois de ser posto en órbita, mentres que Orbcomm CDS 1 e 2 usáronse para estudar o uso da frecuencia VHF a nivel global, medindo densidade, niveis de potencia e interferencia arredor de toda a Terra. Foron lanzados entre 1991 e 1993.[2]
Orbcomm FM1 a FM43
Lanzáronse 36 Orbcomm de primeira xeración de 43 planeados. O resto foron cancelados, e un dos lanzados o foi baixo o nome TACSAT 1. Os Orbcomm de primeira xeración usaban o bus Microstar, tiñan masas de entre 40 e 45 kg e foron lanzados mediante foguetes Pegasus entre 1995 e 1999 excepto un lanzamento mediante un foguete Taurus.[3]
Orbcomm CDS 3
Orbcomm CDS 3 (Concept Demonstration Satellite) foi un único satélite de probas lanzado para dar servizo do sistema Orbcomm e probar un novo bus (Sterkh) para a seguinte xeración de satélites Orbcomm. O satélite levaba ademais un receptor AIS para o servizo de gardacostas dos Estados Unidos. Foi lanzado o 19 de xuño de 2008 mediante un foguete Kosmos 3M. Durante a súa misión sufriu unha serie de problemas que se reproduciron nos seis seguintes satélites do mesmo modelo, polo que foron cancelados.[4]
Orbcomm FM37 a FM41
A seguinte xeración de satélites Orbcomm estaba baseada no bus Sterkh, co satélite Orbcomm CDS 3 usado como modelo de probas. Os problemas surxidos neste último satélite reproducíronse nos seis satélite que chegaron a lanzarse en produción: avarías dos volantes de inercia e o ordenador de a bordo que limitaron a capacidade destes satélites para dar servizo. Todos foron lanzados o 19 de xuño de 2008 a bordo dun mesmo foguete Kosmos 3M.[5]
Orbcomm OG2
Os dous satélites Orbcomm OG2 foron simuladores de masa lanzados como prototipos para a terceira xeración de satélies Orbcomm. Cada un cunha masa de 142 kg, serviron para afinar os novos satélites. Os dous foron lanzados a bordo de foguetes Falcon 9 en 2014 e 2015.[6]
Orbcomm FM101 a FM119
A terceira xeración de satélites Orbcomm usa o bus SN-100 de Sierra Nevada Corp.. Teñen unha masa duns 172 kg e lanzáronse 19 entre 2012 e 2015, co primeiro considerado un fallo parcial ao reentrar dous días despois de ser posto en órbita ao non acadar suficiente altura debido a problemas co foguete lanzador. Todos foron lanzados a bordo de foguetes Falcon 9.[7]
Historial de lanzamentos
Misión[1][2][3][4][5][6][7]
|
Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7]
|
Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7]
|
Notas[1][2][3][4][5][6][7]
|
Orbcomm X
|
17 de xullo de 1991
|
Ariane 4
|
Éxito
|
Orbcomm CDS 1
|
9 de febreiro de 1993
|
Pegasus
|
Éxito
|
Orbcomm CDS 2
|
25 de abril de 1993
|
Pegasus
|
Éxito
|
Orbcomm FM01
|
3 de abril de 1995
|
Éxito
|
Pegasus-H
|
Orbcomm FM02
|
3 de abril de 1995
|
Éxito
|
Pegasus-H
|
Orbcomm FM03
|
10 de febreiro de 1998
|
Éxito
|
Taurus-2210
|
Orbcomm FM04
|
10 de febreiro de 1998
|
Éxito
|
Taurus-2210
|
Orbcomm FM05
|
23 de decembro de 1997
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM06
|
23 de decembro de 1997
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM07
|
23 de decembro de 1997
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM08
|
23 de decembro de 1997
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM09
|
23 de decembro de 1997
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM10
|
23 de decembro de 1997
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM11
|
23 de decembro de 1997
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM12
|
23 de decembro de 1997
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM13
|
2 de agosto de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM14
|
2 de agosto de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM15
|
2 de agosto de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM16
|
2 de agosto de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM17
|
2 de agosto de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM18
|
2 de agosto de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM19
|
2 de agosto de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM20
|
2 de agosto de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM21
|
23 de setembro de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM22
|
23 de setembro de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM23
|
23 de setembro de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM24
|
23 de setembro de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM25
|
23 de setembro de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM26
|
23 de setembro de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM27
|
23 de setembro de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM28
|
23 de setembro de 1998
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM30
|
4 de decembro de 1999
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM31
|
4 de decembro de 1999
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM32
|
4 de decembro de 1999
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM33
|
4 de decembro de 1999
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM34
|
4 de decembro de 1999
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM35
|
4 de decembro de 1999
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm FM36
|
4 de decembro de 1999
|
Éxito
|
Pegasus-XL HAPS
|
Orbcomm CDS 3
|
19 de xuño de 2008
|
Éxito
|
Kosmos 3M
|
Orbcomm FM37
|
19 de xuño de 2008
|
Éxito
|
Kosmos-3M
|
Orbcomm FM38
|
19 de xuño de 2008
|
Éxito
|
Kosmos-3M
|
Orbcomm FM39
|
19 de xuño de 2008
|
Éxito
|
Kosmos-3M
|
Orbcomm FM40
|
19 de xuño de 2008
|
Éxito
|
Kosmos-3M
|
Orbcomm FM41
|
19 de xuño de 2008
|
Éxito
|
Kosmos-3M
|
Orbcomm OG2 1
|
14 de xullo de 2014
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm OG2 2
|
22 de decembro uño de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM101
|
8 de outubro de 2012
|
Fallo parcial
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM103
|
14 de xullo de 2014
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM104
|
14 de xullo de 2014
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM105
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM106
|
14 de xullo de 2014
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM107
|
14 de xullo de 2014
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM108
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM109
|
14 de xullo de 2014
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM110
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM111
|
14 de xullo de 2014
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM112
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM113
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM114
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM115
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM116
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM117
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM118
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Orbcomm FM119
|
22 de decembro de 2015
|
Éxito
|
Falcon 9
|
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Orbcomm" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm-X, -CDS 1, 2 (OXP, VSUME)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM1 - FM43" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM37 - FM41 (Orbcomm Q1 - Q6)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM37 - FM41 (Orbcomm Q1 - Q6)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm-OG2 Mass Simulator 1, 2" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM101, ..., FM119 (OG2)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos