Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
A Operación Nécora foi un proceso xudicial, que iniciou unha das maiores e a primeira das redadas contra o narcotráfico galego da década dos 90.
O 12 de xuño de 1990 o xuíz da Audiencia NacionalBaltasar Garzón e o fiscal antidroga Javier Zaragoza botaron a andar o primeiro gran golpe contra as bandas do narcotráfico arousás que operaban nas rías galegas. Un continxente de centenares de policías desprazados de Madrid para a ocasión arrestaron nas súas casas a grandes traficantes de tabaco, reconvertidos en narcotraficantes.
Detrás da histórica redada estaban as declaracións de Ricardo Portabales de Marín e de Manuel Fernández Padín de Vilanova de Arousa, o que permitiu meter no cárcere a gran parte do clan da droga galega, incluídos persoeiros como Laureano Oubiña.
A Operación Nécora concluíu no ano 2004 coa lectura da sentenza.