Onze d'Or

O Onze d'Or (en francés Once de ouro) é un prestixioso premio futbolístico individual, que desde 1976 concede cada ano a revista francesa Onze Mondial ao mellor futbolista de Europa. O premio concédese a partir das votacións dos lectores da revista, que han de escoller ao mellor futbolista do fútbol europeo, independentemente da súa nacionalidade, en función dos méritos contraídos ao longo do ano, e tanto nas súas actuacións co seu club como coa súa selección nacional. O xogador máis votado recibe o premio "Onze d'or", o segundo clasificado o "Onze d'argent" e o terceiro, o "Once de bronze".

Dende 1991 tamén concede un premio ao mellor adestrador europeo do ano.

Dende 2015 o trofeo premia ao mellor xogador francés e ao mellor adestrador francés.[1]

Notas

  1. "Antoine Griezmann gaña o Onze d'or". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas