Olimpio Pérez Rodríguez, nado en Santiago de Compostela en 1841[1] e finado na mesma cidade o 7 de marzo de 1915,[2] foi un empresario e financeiro galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel Pérez Sáenz. Traballou coa denominación de Hijos de Pérez Sáenz e Olimpio Pérez. Formou parte do consello da Caixa de Aforros de Santiago e dirixiuna de 1891 a 1907. Tamén foi administrador da sucursal do Banco de España. Foi un dos fundadores de Diario de Galicia. Coa súa morte, a sociedade volveu cambiar de nome, pasando a denominarse Hijos de Olimpio Pérez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Facal Rodríguez, María Jesús; Carmona Badía, Xoán (coord) (2006). CIEF, Fundación Caixa Galicia, ed. "Olimpio Pérez Rodriguez (1841-1915): As orixes da especialización bancaria" en Empresarios de Galicia, Volumen 2. A Coruña. pp. 140–162.