Ole Einar Bjørndalen, nado en Drammen o 27 de xaneiro de 1974 é un ex biatleta noruegués, alcumando o "Rei do Bíatlon". Con 13 medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno, é o segundo deportista con máis medallas despois de Marit Bjørgen.[1] Tamén é o biatleta de máis éxito nos campionatos do mundo de bíatlon, con 45 medallas, máis do dobre que calquera outro biatleta agás Martin Fourcade. Con 95[2] vitorias na Copa do Mundo, Bjørndalen é o primeiro en vitorias no Biathlon World Cup tour, máis do duplo que os demais deportistas excepto Fourcade. Gañou o título da Overall World Cup seis veces, en 1997–98, 2002–03, 2004–05, 2005–06, 2007–08 e 2008–09.
En 1992, gañou a primeira medalla da súa carreira no campionato do mundo júnior. Un ano despois, tras gañar tres títulos do campionato do mundo júnior, marca só lograda previamente por Sergei Tchepikov, Bjørndalen debutou na Biathlon World Cup. Revelouse en 1994 cando tivo o seu primeiro podio na Copa do Mundo en Bad Gastein, Austria. Bjørndalen competiu por primeira vez nos Xogos Olímpicos en Lillehammer 1994, celebrados no seu país nata. Obtivo a súa primeira gran vitoria o 11 de xaneiro de 1996 nunha competición de Antholz-Anterselva, Italia. O 20 de febreiro de 2041, foi elixido para a comisión de deportistas do Comité Olímpico Internacional para un mandato de oito anos.[3] Dimitiu do posto en 2016 para continuar a súa carreira.[4]
Vida privada
Bjørndalen creceu nunha granxa de Simostranda, cuarto de cinco fillos. Un dos seus irmáns é o biatleta Dag Bjørndalen. Ambos formaron parte do equipo noruegués que obtivo a medalla de prata nas remudas dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998.[5]
Bjørndalen vive na vila de Obertilliach, Austria. Tamén adoitaba vivir en Toblach, Italia, coa biatleta italo-belga Nathalie Santer. Comezaron a súa ralación en 1998 e casaron o 27 de maio de 2006. O 4 de outubro de 2012 asinaron o divorcio por consentimento mutuo.
En abril de 2016, ademais de anunciar que ía continuar a súa carreira deportiva ata os Xogos Olímpicos de 2018 en Pyeongchang, Bjørndalen confirmou que mantiña unha relación coa biatleta belarusa Darya Domracheva, e que estaban esperando o seu primeiro fillo.[6] O 7 de xullo de 2016 casaron en Sjusjøen, Noruega.[7] A súa filla Xenia naceu o 1 de outubro do mesmo ano.[8]
O 3 de abril de 2018, Bjørndalen anunciou a súa retirada do bíatlon, acabando a súa carreira tras non ser convocado no equipo noruegués para os Xogos de PyeongChang, o que fixo que non lograse a participación nos que serían os seus sétimos Xogos Olímpicos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas