Ojete Calor é un dúo musical formado polos actores e cómicos Carlos Areces e Aníbal Gómez.[1] Insírense dentro do xénero "subnopop", termo acuñado polo dúo.[2] Nas súas cancións destacan as bases de música electrónica e as letras irónicas e descaradas con retrousos repetitivos, polo que afirman que no "subnopop" non cómpre cantar ben nin ser bo músico.[1]
Traxectoria
O seu primeiro éxito foi a canción "Cuidado Con el Cyborg (Corre, Sarah Connor)", publicada no ano 2013, á que lle seguiron outras estreadas en programas de televisión ou en YouTube.[2] Contan con dous álbums publicados: Delayed (2013) e Pataky (2017).
Discografía
Álbums de estudio
Sinxelos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas