Off the Wall (álbum)

Off the Wall
Álbum de Michael Jackson
Publicado10 de agosto de 1979
Gravacióndecembro de 1978 – xuño de 1979
Duración42:16
Xénero(s)R&B, soul, pop, disoc, funk
Selo(s)Epic
ProdutorQuincy Jones, Michael Jackson (co-produtor)
Cronoloxía
The Best of Michael Jackson (1975) Off the Wall One Day in Your Life (1981)
Na rede
Spotify: 2ZytN2cY4Zjrr9ukb2rqTP Discogs: 435524 Allmusic: mw0000190332 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Off the Wall é o quinto álbum de estudio do artista estadounidense Michael Jackson. Foi estreado o 10 de agosto de 1979 por Epic Records, despois da actuación ben recibida pola crítica no filme O meigo. Mentres traballaba nese proxecto, Jackson e Quincy Jones fíxeronse amigos, e Jones accedeu a traballar con Jackson no seu próximo álbum. A gravación tivo lugar entre decembro de 1978 e xuño de 1979 en Allen Zentz Recording, Westlake Recording Studios e Cherokee Studios da cidade dos Ánxeles. Jackson colaborou con numerosos artistas como Paul McCartney, Stevie Wonder e Rod Temperton. Lanzáronse cinco sinxelos dese álbum, tres dos cales tiveron o seu vídeo musical. Jackson escribiu tres das cancións el mesmo, incluíndo o máis famoso "Don't Stop 'Til You Get Enough". Foi o seu primeiro lanzamento con Epic Records, o selo co que gravaría dende aquela ata a súa morte no 2009.

Listaxe de cancións

N.º TítuloEscritor(es)Produtor(es) Duración
1. "Don't Stop 'Til You Get Enough (gravada en decembro de 1978-abril de 1979)"  Michael JacksonQuincy Jones e Jackson (co.) 6:04
2. "Rock with You (gravada en decembro de 1978-abril de 1979)"  Rod TempertonJones 3:40
3. "Workin' Day and Night (gravado en decembro de 1978-abril de 1979)"  JacksonJones e Jackson (co.) 5:14
4. "Get on the Floor (gravada en abril-xuño de 1979)"  Jackson e Louis JohnsonJones e Jackson (co.) 4:39
5. "Off the Wall (gravada en decembro de 1978-abril de 1979)"  TempertonJones 4:05
6. "Girlfriend (gravada en xuño de 1979)"  Paul McCartneyJones 3:05
7. "She's Out of My Life (gravada en decembro de 1978- abril de 1979)"  Tom BahlerJones 3:37
8. "I Can't Help It (gravada en xuño de 1979)"  Stevie Wonder e Susaye GreeneJones 4:29
9. "It's the Falling in Love (gravada en decembro de 1978)" (Patti Austin)Carole Bayer Sager e David FosterJones 3:48
10. "Burn This Disco Out (gravada en xuño de 1979)"  TempertonJones 3:41
N.º TítuloEscritor(es)Produtor(es) Duración
11. "Entrevista de Quincy Jones #1"     0:37
12. "Introdución de Don't Stop 'Til You Get Enough Demo"     0:13
13. "Don't Stop 'Til You Get Enough" (Demo orixinal de 1978)JacksonJackson 4:48
14. "Entrevista de Quincy Jones #2"     0:30
15. "Introdución de Workin' Day and Night Demo"     0:10
16. "Workin' Day and Night" (Demo orixinal de 1978)JacksonJackson 4:19
17. "Entrevista de Quincy Jones #3"     0:48
18. "Entrevista de Rod Temperton"     4:57
19. "Entrevista de Quincy Jones #4"     1:32

Notas