Oecophylla longinoda é unha especie de formiga arbórea que vive nas rexións forestais de África tropical.[2] É unha das dúas especies actuais do seu xénero; a outra é O. smaragdina. Constrúe niños nas árbores cosendo follas coa seda que producen as súas larvas, o que lle valeu ás formigas deste xénero o nome de formigas tecedoras.[3]
Actualmente distínguense as seguintes subespecies: Oecophylla longinoda annectens, Oecophylla longinoda claridens, Oecophylla longinoda fusca, Oecophylla longinoda rubriceps, Oecophylla longinoda rufescens, Oecophylla longinoda taeniata, Oecophylla longinoda textor.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Weber NA, Dimorphism in the African Oecophylla worker and an anomaly (Hym.: Formicidae) in Annals of the Entomological Society of America 1946; 39: 7-10, 1946.
- Bradshaw JWS, Baker R, Howse PE, Chemical composition of the poison apparatus secretions of the African weaver ant, Oecophylla longinoda, and their role in behaviour in Physiological Entomology 1979; 4(1): 39–46.