Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable en Galicia
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel, tamén chamados Axenda 2030, é unha serie de obxectivos asinados no ano 2015 por todos os países membros das Nacións Unidas que representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e ambientais da globalización, poñendo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade e a paz, baixo o lema de non deixar a ninguén atrás.
Axenda 2030 en Galicia
O núcleo da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable son os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Trátase de 17 obxectivos concretados en 169 metas de carácter universal, integrado e indivisible, que constitúen un ambicioso plan de acción cara ao desenvolvemento sustentable que ten que ser alcanzado antes do ano 2030. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que estes 17 obxectivos e 169 metas foran obxecto de seguimento utilizando o marco de indicadores proposto pola Comisión de Estatística das Nacións Unidas, actualmente formado por 247 indicadores (231 indicadores diferentes, xa que algúns indicadores se repiten). Cos indicadores dispoñibles para Galicia e España ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística[1] pódese facer unha avaliación para a década 2010-2019 (ano previo á pandemia da Covid-19) segundo se recolle no seguinte recadro.
Indicadores de sostibilidade ambiental (IGE)
|
Galicia
|
España
|
Galicia
|
España
|
2010
|
2010
|
final
|
final
|
Intensidade enerxética primaria (Ktep/Meur2010) (2019)[2]
|
150,0
|
120,0
|
123,0
|
106,0
|
Emisións de gases invernadoiro por unidades de PIB (2019)[1]
|
0,5
|
0,3
|
0,4
|
0,3
|
Emisións de gases invernadoiro por habitante (2019)[1]
|
10,1
|
7,8
|
8,5
|
6,9
|
Emisións efecto invernadoiro (2019, 2010 = 100)[2]
|
100,0
|
100,0
|
82,0
|
88,0
|
Viaxeiros no transporte urbano regular (2019) (% G/E)[2]
|
2,1
|
100,0
|
3,5
|
100,0
|
Auga consumida nos fogares (litros/hab/día) (2018)[2]
|
131,0
|
142,0
|
125,0
|
133,0
|
Consumo auga sectores económicos (2018, 2010=100)[2]
|
100,0
|
100,0
|
130,0
|
93,0
|
Poboación en vivendas inaxeitadas (2020)[1]
|
26,7
|
21,8
|
24,3
|
14,7
|
Residuos sólidos urbanos (RSU) (2018, 2010 = 100)[2]
|
100,0
|
100,0
|
93,5
|
93,1
|
Porcentaxe de RSU incinerados (2018)[1]
|
49,6
|
11,8
|
46,6
|
11,5
|
Porcentaxe de RSU reciclados (2018)[1]
|
19,3
|
31,3
|
19,7
|
35,1
|
Emisións
As emisións de gases de efecto invernadoiro -que están por tras do colapso climático- tanto en relación ao PIB, como por habitante ou en volume absoluto melloran, redúcense, en Galicia entre 2010 e 2019. Pero seguen por riba do conxunto de España nun 140 % e nun 124 % respectivamente. Téñase en conta que a referencia española media non é nada virtuosa. Referencia que tamén se supera na intensidade enerxética (consumo de enerxía por unidade de PIB). Polo lado da demanda o indicador de uso de transporte urbano colectivo fronte ao particular informa de que a cota galega no total español está moi por baixo da que ten en poboación (un 3,5 % fronte a un 5,7 %).
Residuos
A cantidade de residuos xerados por persoa en Galicia está por baixo da media española e ten unha lixeira tendencia minguante. Neste caso a cualificación non é negativa. Non sucede o mesmo coa xestión dos residuos. Pois a cota de incineración é moi alta e a de reciclados moi baixa respecto do que sucede no conxunto de España. Hai unha estrutura inversa na xestión dos residuos. E hai que lembrar que o ambientalmente máis sustentable é a reciclaxe fronte á incineración.
Auga
Nos indicadores relativos á subministración das augas Galicia acada un aprobado: un é positivo e outro negativo. É positivo o indicador de auga consumida ao día nos fogares, pois é minguante e segue a estar por baixo da cifra media española. É negativo o indicador que cuantifica a evolución dos consumos de auga non domésticos. Consumos que se reducen algo no conxunto de España mentres que en Galicia medran un trinta por cento.
Nas emisións contaminantes á atmosfera Galicia, sempre verbo do conxunto de España, ten un suspenso absoluto. Na xestión dos residuos un claro suspenso. E só no consumo de auga acada un aprobado raspado. Nestas tres dimensións ambientais a cualificación global de Galicia da derradeira década de crecemento económico é claramente desfavorable. Trátase da década 2010-2019: dende a post-crise do 2008 ao ano previo á crise do Covid.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Indicadores da Axenda 2030, IGE".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Estatísticas por temas, IGE".
|
|