En bioloxía, un obelisco é un elemento "similar a un viroide" descrito por primeira vez en xaneiro de 2024 nun artigo prepublicado na revista Nature, cuxos autores dicen que os "obeliscos forman o seu propio grupo filoxenético separado",[1][2][3] xa que as súas secuencias de ARN, descubertas por metatranscriptómica asistida por computador, non son homólogas coas secuencias xenómicas de ningunha outra forma de vida.[1] Actualmente, disponse só duns poucos métodos para a identificación destes elementos a partir de datos de secuenciación da seguinte xeración (NGS).[4]
Como as súas realacións con outros organismos son descoñecidas, son un exemplo de incertae sedis ou "taxons enigmáticos".
Distribución e patoloxía
Os obeliscos atopáronse en mostras de feces humanas, e dentro de espécimes da bacteria Streptococcus sanguinis, unha especie de bacterias, que se encontra na boca humana. Sábese que algunhas persoas albergaron obeliscos por máis de 300 días. O estudo inicial mostrou a presenza de obeliscos nun 7 % das mostras fecais, e nun 50 % das mostras de saliva, de individuos que vivían en todos os continentes.[1]
O efecto dos obeliscos sobre a saúde humana, se é que producen algún, está aínda por determinar,[2] igual que os seus ciclos vitais e os factores dos que depende a súa replicación.[1]
Xenética e bioquímica
Entre as características dos obeliscos están: teñen ensamblaxes de xenomas de ARN circular con arredor de 1000 pares de bases, e estruturas secundarias con forma de barra ou bacilar que comprenden todo o xenoma. A diferenza dos viroides, o seu ARN é traducido a proteínas, chamadas provisoriamente "oblinas" na prepublicación. As dúas proteínas mencionadas alí chamáronse oblina-1 e oblina-2.[1]
A prepublicación di: "debido a unha estrutura secundaria fortemente predita como similar á bacilar [de barra], denominamos este grupo de ARNs obelisco-alfa."... "Con 1164 nt de lonxitude, a estrutura secundaria similar á bacilar era sorprendente..."[1] (secundaria con respecto á estrutura da ensamblaxe circular.)