Oakland Coliseum, xenericamente coñecido como Oakland-Alameda County Coliseum e por motivos de patrocinio RingCentral Coliseum, é un parque de béisbol situado en Oakland, California (Estados Unidos). É o estadio local dos Oakland Athletics da Major League Baseball (MLB) e dos Oakland Raiders da National Football League (NFL) de fútbol americano. Inaugurado en 1966,[1] é o único estadio que queda dos Estados Unidos no que se comparte o seu uso para o béisbol e o fútbol americano profesional. O Coliseum tamén acolleu algúns partidos de fútbol dos San Jose Earthquakes da Major League Soccer (MLS) en 2008–2009. No complexo deportivo de Oakland-Alameda County tamén se encontra o Oracle Arena dos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). En 2011 o estadio foi escenario dalgunhas das escenas da película Moneyball.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas