O violinista no tellado (en inglés: Fiddler on the Roof) é un filme estadounidense de 1971 producido e dirixido por Norman Jewison. É unha adaptación do musical homónimo de Broadway de 1964, con música composta por Jerry Bock, letras de Sheldon Harnick, e guión de Joseph Stein e baséase nas historias de Sholem Aleichem. Está protagonizado por Topol, Norma Crane, Leonard Frey, Molly Picon e Paul Mann, e conta a historia de Tevye, o pai de cinco fillas, e os seus intentos de manter as tradicións e a relixión xudías fronte ás influencias externas coas que se atopa toda a familia. Debe lidar coas fortes vontades das súas tres fillas maiores, que queren casar por amor cada unha cun esposo que cada vez se afasta máis dos costumes da súa fe, e co edicto do tsar Nicolao II de Rusia que expulsa os xudeus de Anatevka.
Estreouse en galego o 9 de xaneiro de 1991 a través da TVG.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas