O son da estrela escura é o primeiro álbum de estudio do grupo galego de folk DOA. Foi publicado en 1979, polo selo Ruada.
Os arranxos, adaptación e produción foron da man de Xoan Piñón, Bernardo Martínez e Miro Casabella. En canto á dirección musical, a estes tres últimos sumouse tamén Pedro Puértolas.
En 1990 publicouse unha edición en CD.
Lista de cancións
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Festas de Loor" | Afonso X o Sabio |
|
2. |
"Danza do Rosal" | Popular |
|
3. |
"Danza das Espadas" | Popular |
|
4. |
"La Pernette" | Anónimo francés |
|
5. |
"Carballesa" | Popular |
|
6. |
"Cantiga V" | Martín Codax |
|
7. |
"Romance de Doña Eusenda" | Anónimo |
|
8. |
"Cabalgata de Rivadavia" | Popular |
|
9. |
"A casadiña infiel" | Popular |
|
10. |
"Cantiga II" | Martín Códax |
|
Compoñentes
- Bernardo Martínez: frauta traveseira, frauta irlandesa, percusión
- Xoan Piñón: guitarra acústica, laude, mandolina, dulcimer, clave
- Miro Casabella: voz, zanfona, cítara
- Pedro Puértolas: violín
- Xaquín Blanco: gaita galega, bombarda, bodhram
- Enrique Ferreira: violonchelo
Véxase tamén
Ligazóns externas