O regreso (en inglés: Coming Home) é un filme estadounidense de 1978 dirixido por Hal Ashby e protagonizado por Jane Fonda, Jon Voight e Bruce Dern. O guión, de Waldo Salt e Robert C. Jones, baséase nunha historia de Nancy Dowd. O filme trata sobre unha muller nova, o seu marido marine e un veterano paralítico da guerra de Vietnam que ela coñece mentres o seu home está embarcado. Fonda e Voight gañaron un Oscar polas súas interpretacións, mentres que Dern e Millford foron tamén candidatos.
Foi emitido na TVG o 10 de abril de 1992.[2]
Ekenco
Premios
O regreso participou no Festival de Cannes de 1978, onde Voight gañou o premio ao mellor actor.[3]
O filme gañou tres premios Oscar: mellor actor (Jon Voight), mellor actriz (Jane Fonda) e mellor guión orixinal (Waldo Salt, Robert C. Jones e Nancy Dowd).[4] Foi candidato a outros seis Oscar, incluíndo mellor filme e mellor dirección.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Norden, Martin F, The Cinema of Isolation: a history of physical disability in the movies, Rutgers University Press, 1994, 0-8135-2104-1
- Peary, Danny, Alternative Oscars, Delta, 1993. 0-385-30332-7
- Wiley, Mason & Bona, Damien, Inside Oscars, Ballantine Books, 1996, 0-345-40053-4