O párroco de Vejlby (en dinamarqués: Præsten i Vejlbye) é unha novela de crime e misterio escrita en 1829 polo autor dinamarqués Steen Steensen Blicher. A novela está baseada nun caso de asasinato auténtico que ocorreu no ano 1626 na vila de Vejlby, preto de Grenå, en Dinamarca, a cal Blicher coñecía parcialmente a través da Historia da Igrexa Dinamarquesa de Erik Pontoppidan (1741), e en parte a través da tradición oral.[1] O relato tráxico de Blicher foi adaptado ó cinema tres veces por directores dinamarqueses.
Foi traducida ó galego por Alejandro Tobar[2] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas