O príncipe da brétema

O príncipe da brétema
Título orixinalEl príncipe de la niebla
Autor/aCarlos Ruiz Zafón
Ilustrador/aContastino Gatagán
OrixeEspaña
Linguacastelán
Xénero(s)Novela, literatura xuvenil
EditorialEspañaEdebé
Galicia Rodeira, colección Periscopio
Data de pub.España1993
Galicia 2000
FormatoTapa branda
Páxinas224
ISBNISBN 84-8116-327-9
Seguido porEl palacio de la medianoche
TraduciónInés Sixto Gracía
editar datos en Wikidata ]

O príncipe da brétema é unha novela xuvenil de Carlos Ruiz Zafón. Foi publicada orixinalmente en lingua castelá en 1993 co título de El príncipe de la niebla, acadando ese mesmo ano o Premio Edebé de Literatura Xuvenil. En maio de 2007 foi reeditada en La Trilogía de la Niebla, xunto a El palacio de la medianoche e Las luces de septiembre.

Trama

A historia está ambientada en xuño de 1943. Unha familia escapa da segunda guerra mundial, indo vivir a unha vila na costa atlántica, instalándose nunha casa moi grande. O protagonista (Max de 13 anos), e a súa irmá (Alicia, de 15 anos) coñecen a Roland, outro rapaz da vila, que lles amosa a gran cantidade de maxia e fantasía que rodea á vila, ó mar, e á súa casa.

Os anteriores propietarios da casa sufriran a persecución dun estraño personaxe que seguirá perseguindo á familia de Max e á de Roland ata saldar unha antiga débeda.

Traducións

A novela foi traducida ao galego por Inés Sixto García e publicada pola editorial Rodeira en 2000. Reeditouse en 2002.