O planeta dos simios (en francés: La Planète des singes) é unha novela francesa de ciencia ficción de 1963 escrita por Pierre Boulle. A novela foi adaptada nun filme estadounidense, O planeta dos simios, estreado en 1968, o cal foi o xerme de toda unha franquía e varias secuelas cinematográficas.[1] A novela conta a historia de tres exploradores humanos orixinarios da Terra que visitan un planeta que orbita a estrela Betelgeuse, no cal os simios son a especie dominante, civilizada e intelixente, mentres que os humanos están nun estado de salvaxismo case animal.
Foi traducido ó galego por Antía Veres Xesto e foi publicado polo selo editorial Faktoría K de Kalandraka no ano 2019.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía