O meu amigo Poly (en francés: Poly)[1] é un filme francés de 2020 dirixido por Nicolas Vanier baseado na saga de libros do mesmo nome de Cécile Aubry.[2] Emitiuse en galego o 25 de decembro de 2023 na TVG.[3][4]
Sinopse
Cécile, unha nena de dez anos, trasládase ás Cevennes coa súa nai Louise. Alí, tenta acostumarse a esta nova vida e aos seus novos compañeiros. A chegada dun circo trastocará o seu día a día: entre os animais do espectáculo atópase un pequeno poni, Poly, maltratado polo director Brancalou. Ela decide salvalo a calquera prezo.[5]
Elenco
- Julie Gayet como Louise
- François Cluzet como Victor
- Patrick Timsit como Brancalou
- Elisa de Lambert como Cécile
- Orian Castano como Pablo
- Anne-Marie Pisani como dona Gina
- Gérard Dubouche como o alcalde
- Mathilde Dromard como Colette
- Luc Palun e Jean-Jérôme Esposito como os policías
Notas