Tang Lung (Bruce Lee) chega a Roma para axudar a unha amiga da familia, Chen Ching Hua (Nora Miao), ameazada por uns mafiosos locais que queren facerse co seu restaurante. Pouco despois da chegada de Tang, os criminais irrompen no restaurante coa intención de obrigar a Chen a asinar a venda da súa propiedade. Despois de que se risen do estilo de combate da China, un furioso Tang reta ós matóns e derrótaos nunha excelente exhibición de artes marciais. Logo de fracasar no seu afán de asasinar a Tang, o cerebro da banda contrata a Colt (Chuck Norris), un campión americano de karate, no derradeiro intento de acabar con el. Tang enfrontarase co americano no mítico Coliseo de Roma no que loitarán como gladiadores nun lendario combate a morte.