Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
O Porto.
San Cristovo do Porto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 62 habitantes (30 homes e 32 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 102 habitantes.
Situación
A parroquia está na base da Serra da Enciña da Lastra, atravesada polo río Galir. Por alí pasaba a estrada vella cara a Vilafranca do Bierzo, a actual OU-622, que a comunica coa N-120.
Festas
Na parroquia celébrase o Corpus, amais do tradicional magosto no outono.
Galería de imaxes
-
Igrexa no Real
-
Porta da igrexa do Real
-
Vista da aldea do Real
-
Igrexa no Porto
Lugares e parroquias
Lugares do Porto
Parroquias de Rubiá
Notas
Véxase tamén
Outros artigos