Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
O Pazo.
O Pazo é un lugar da parroquia de Lira no concello coruñés de Carnota na Comarca de Muros. Tiña 15 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 6 homes e 7 mulleres.
Descrición
Nesta zona case todas as casas son de pedra e están situadas de forma radiocéntrica, quedando no centro unha pequena praza, coñecida como O Claro. Alí hai tamén unha fonte moi antiga, que foi reconstruída en 2006 porque estaba bastante deteriorada. Hoxe en día presenta un aspecto máis atractivo.
Tamén destacan as súas fermosas vistas cara ás nosas praias e recunchos máis preciados. Dende alí pódese ver dende A Moa ata o porto de Lira. Ten un fácil acceso posto que se remodelaron as súas estradas fai pouco. É un lugar tranquilo con poucos habitantes.
Lugares e parroquias
Lugares de Lira
Parroquias de Carnota