Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Matelo.
O Matelo é un lugar da parroquia de San Xián de Sales no concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o INE en 2019 tiña 102 habitantes (53 homes e 49 mulleres).[1]
Etimoloxía
O topónimo deriva da forma matellu que á súa vez procede de matta, mattu, co significado de mato, é dicir, terreo inculto, a monte.[2]
O termo é de orixe prelatina e aparece noutras linguas da Península Ibérica; J. Hubschmid dá esta palabra como preindoeuropea e Antón Tovar como ibera.[2]
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de San Xián de Saleseda
Parroquias de Vedra