O Gran Burato é unha formación natural situada no océano Atlántico, coñecida tamén como 4242 GGPM polas súas coordenadas de latitude e as siglas en inglés de Galician Giant Pock Mark.
Características
Consiste nun cráter de 4 km de diámetro e 300 m de profundidade situado a 140 millas (250 km) das costas galegas, a unha profundidade de 1.700 m, sendo considerado o cráter mariño de maior tamaño do mundo. É un tipo de formación xeolóxica habitual dos campos de gas. Este tipo de estruturas fórmase ao agromar o gas na superficie e afundirse o leito mariño. O gran burato formouse hai miles de anos por un escape de gas. A zona mide uns 50 km por 20 km e nela hai máis buratos máis pequenos.
Historia
Os primeiros indicios da existencia do cráter son do ano 2000 durante unha campaña para o estudo do paleoclima e a dinámica sedimentaria. Unha investigación para coñecer o clima en Galiza de hai 30.000 anos. En 2007, o buque oceanográfico L'Atalante localizouno moi preto do lugar onde está afundido o Prestige. Tres anos despois unha misión científica da Universidade de Vigo atopou indicios de gas na zona. Dende entón organízanse expedicións de investigación[1].
Explotación
O Gran Burato está dentro da Zona Económica Exclusiva española e a súa explotación correspondería ao goberno de España, aínda que a tecnoloxía para extraer o gas non está dispoñible a día de hoxe. O gas estaría conxelado e descoñécese con exactitude a cantidade de gas que podería haber.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas