Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
O Carregal.
O Carregal é un lugar da parroquia do Burgo no concello lugués de Muras na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 0 habitantes.
Toponimia
O topónimo Carregal é un fitónimo que fai referencia, tanto en galego como en portugués,[2] a un terreo pantanoso no cal abunda a «cárrega» ou «carrega», planta gramínea tamén denominada carriza, propia dese tipo de lugares húmidos ou brañas. Procede do latín Carex (de raíz *Carric) co sufixo derivativo -ale.[3]
Lugares e parroquias
Lugares do Burgo
Parroquias de Muras
Notas