A OU-533[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Gudiña e A Rúa; atravesa os concellos da Gudiña, Viana do Bolo, O Bolo, Petín, Larouco e A Rúa. Ten unha lonxitude de 50,10 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 na Gudiña e finaliza nun cruzamento coa OU-603 na Rúa.
Percorrido
A vía sae desde a vila da Gudiña, nun cruzamento coa estrada N-525 a carón da vía da Prata do camiño de Santiago. Aos poucos metros pasa por baixo da liña ferroviaria de Zamora-A Coruña, e uns cen metros despois por baixo da liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia. Aos tres quilómetros, entra no concello de Viana do Bolo, na parroquia de Pexeiros, e despois cruza o río da Canela a carón do Mesón da Ponte. Despois segue a carón do río Camba, na cola do encoro do Vao, que modificou o traxecto da estrada desde O Cambón (onde había unha antiga ponte cara a Bembibre) por San Cibrao até a vila de Viana do Bolo, logo de cruzar o río Bibei por un viaduto construído cando se fixo o encoro.
Despois de cruzar Viana do Bolo atravesa Mourisca e San Mamede. No Alto do Covelo (1052 m) entra no concello do Bolo, deixando a man dereita o cruzamento cara á Veiga. Despois de pasar por Cambela, hai un cruzamento á esquerda cara ás Ermidas, e segue por Santa Cruz. En Lentellais sufriu obras de mellora para suprimir numerosas curvas. Ao cruzar o río Xares, entra no concello de Petín, antes a estrada baixaba até Portomourisco e A Portela de Portomourisco, pero construíuse un viaduto augas abaixo que evita as dúas aldeas.
En Freixido enlaza coa OU-536 que leva cara a Larouco, antiga estrada Ourense-Ponferrada, no seu momento N-120 e despois C-536. Neste caso foi construída unha variante cara ao leste para evitar o paso polas aldeas da parroquia. Antes de chegar á vila de Petín cruza o río Sil a carón da ponte da Cigarrosa, pola que discorría antigamente, e, entra no concello da Rúa, remata na vila da Rúa de Valdeorras.
Galería de imaxes
Notas
|
---|
Vías de alta capacidade | Autoestradas e autovías | |
---|
Vías rápidas e corredores | |
---|
|
---|
Estradas convencionais | A Coruña | Rede primaria básica | |
---|
Rede primaria complementaria | |
---|
Rede secundaria | |
---|
|
---|
Lugo | Rede primaria básica | |
---|
Rede primaria complementaria | |
---|
Rede secundaria | |
---|
|
---|
Ourense | Rede primaria básica | |
---|
Rede primaria complementaria | |
---|
Rede secundaria | |
---|
|
---|
Pontevedra | Rede primaria básica | |
---|
Rede primaria complementaria | |
---|
Rede secundaria | |
---|
|
---|
|
---|