North Bank é unha das cinco divisións administrativas de Gambia. A capital é Kerewan.
A superficie que abrangue o territorio de North Bank é de 2.256 quilómetros cadrados. A súa poboación total é de 178.704 habitantes (segundo cifras do censo realizado no ano 2008), polo que a densidade de poboación é duns 79 habitantes por cada quilómetro cadrado.