Por norma sistémica enténdense aqueles elementos que permiten delimitar os sistemas culturais, intersistemas, programas e elaboracións proto-sistémicas[1], entendendo por tales as prácticas que tenden á configuración dun novo sistema segregado do sistema a que se está vinculado[2].
Como afirma Elias Torres:
"As normas sistémicas (materiais ou regras repertoriais de perspectiva analítica de Even-Zohar) som critérios delimitadores que actuam como principios básicos que se activam nas prácticas culturais dos espaços sociais, e de cuja interpretaçom e aceptaçom pola comunidade participante dependem as possibilidades e os modos de obter uso, posiçom e funçom nos sistemas culturais. As normas sistémicas, aliás, nom apenas determinam os nutrientes da estrutura do sistemas mas os modos e efeitos de serem atingidos os seus pertencentes
[3]".
Notas
- ↑ Torres Feijó, E. J. (2004): "Contributos sobre o objecto de estudo e metodologia sistémica. Sistemas literários e literaturas nacionais" in Anxo Tarrío Varela e Anxo Abuín González (eds.), Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da Península Ibérica. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 419-440.
- ↑ Torres Feijó, E.J. op.cit., p.429
- ↑ Torres Feijó, E. J. op.cit. p.430.
Véxase tamén
Artigos relacionados
Ligazóns externas